Para entender #ONosoDerbi que mellor que practicar o léxico de fútbol

Embed from Getty Images

Grazas ao blogue Xogos da Lingua, coñecemos unha divertidas actividades para practicar o léxico do fútbol en galego.

Como se dirá en galego: der Ball streicht knapp über die Latte, der Torwart, etc.

Vexamos as seguintes imaxes da páxina de Facebook PelisDobradasAoGalego:

Como se dirán en alemán? Para completar o léxico e as expresión propias do campo semántico do fútbol, podedes consultar a seguinte páxina de Galego.org: http://galego.org/vocabularios/ futbol.html. E no vos esquezades de lle botar unha ollada a todo o material sobre a selección galega de fútbol que se publicou en Vieiros. Axudaravos a completar este fascinante campo semántico que sempre está en constante cambio coa incorporación de novas expresións que o fan especialmente creativo.

Por fortuna na rede, podemos atopar un dos programas de deportes máis seguidos en Galicia: Galicia en Goles da Radio Galega (aquí podes acceder a todos os podcast do programa). Aquí tendes un exemplo de como é:

http://www.ivoox.com/galicia-goles_md_4086703_wp_1.mp3″ Ir a descargar

E, despois de todo isto, que mellor forma de lembrar o aprendido que facer uns cantos exercicios. Déixovos aquí dou exemplos:

1. Sete palabras sobre fútbol do Portaldaspalabras.gal

2. Xogar con deportividade



As chaves dos pronomes persoais en galego

Imaxe tirada da Wikipedia

Un das chaves para meterlle o dente a unha lingua son os pronomes persoais. Son uns elementos lingüísticos fundamentais para non repetirnos e usar de xeito máis eficaz a lingua. Sonvos deses elementos básicos para poder construír as nosas primeiras frases en galego.

No seguinte prezi, deixovos explicados os pronomes tónicos e átonos do galego con algúns consellos básicos para colocalo ben na oración. Lembra que xamais os pronomes átonos comezan unha oración.

Sin título

E como non so se vive unicamente da teoría, é hora de pór en práctica o aprendido. Velaquí van algúns exercicios do que estivemos a traballar na clase:

Antes de nada imos traballar en identificar os pronomes átonos deste texto, feito no departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Otero Pedraio:

Identifica os pronomes átonos e ao final preme en avaliación para comprobar se atinaches

Seguimos coa identificación dos pronomes te (mich) e che (dir). No seguinte exercicio, feito tamén no IES Otero Pedrayo, imos colocar estes pronomes nos espazos en branco. No esquezas que tan só pode haber un Akkusativ (Obxecto Directo). Preme na imaxe para ir ao exercicio:

Sin título

E, para rematar, unha clase práctica sobre a colocación dos pronomes :-D!!

Dicionarios e corpus terminolóxicos da lingua galega

Termoteca

http://sli.uvigo.es/termoteca/

Corpus Técnico (anotado) da lingua galega

http://sli.uvigo.es/CTG/ e http://sli.uvigo.es/CTAG/

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

Aplicación para dispositivo móbiles

É posible consultar bUSCatermos desde teléfonos intelixentes e tablets, grazas ás aplicacións desenvolvidas tanto para o sistema operativo Android como para iOS (esta última, cortesía de Taptil).

Complemento para Firefox

Este complemento, obra de Antón Méixome, permite procurar en bUSCatermos directamente desde a caixa de busca dese navegador.

Listaxe de repertorios terminolóxicos do galego do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela

Martínez García, P.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2014): Termos esenciais de administración electrónica (galego-español-francés-inglés-catalán)
Consulta en formato .PDF (319 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons]

Grané, M. (coord.) (2014): Vocabulario panlatino das redes sociais (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
Consulta en liña

Nogueira López, A.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2014): Termos esenciais de dereito administrativo: (galego-español)
Consulta en formato .PDF (650 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons]

Nieto Alonso, A.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2013): Termos esenciais de dereito civil: (galego-español)
Consulta en formato .PDF (447 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons]

Antelo Suárez, E.; X. A. Rodríguez Río (2012): Termos esenciais de arquitectura de computadores: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (358 Kb). Tamén accesible en formato .TBX (documento .TBX de 648 Kb)
[Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-NonComercial 3.0 de Creative Commons]

Maseda Rodríguez, J,; C. Teijo García; X. A. Rodríguez Río (2012): Termos esenciais de dereito internacional: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (621 Kb)

Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2012): Vocabulario forestal: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (1.518 Kb)

Abel Souto, M; X. A. Rodríguez Río (2011): Termos esenciais de dereito penal (galego-castelán)
Consulta en formato .PDF (312 Kb)

López Portas, B; X. A. Rodríguez Río (2011): Termos esenciais de dereito constitucional (galego-castelán)
Consulta en formato .PDF (341 Kb)

Célestin, T. (coord.) (2010): Vocabulario panlatino de material de oficina (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
Consulta en formato .PDF (1.380 Kb)

Bover, J. (coord.) (2010): Terminoloxía de xestión da calidade (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
Consulta en liña

Célestin, T. (coord.) (2010): Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
Consulta en formato .PDF (4.350 Kb)

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2009). Termos esenciais de matemáticas para a economía e a empresa: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (106 Kb). Tamén accesible como cartafol terminolóxico (documento .PDF de 505 Kb).

Célestin, T. (coord.) (2009): Vocabulario panlatino da gripe aviaria (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
Consulta en formato .PDF (1.640 Kb)

Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2008). Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués)
Consulta da obra completa en formato .PDF (8.206 Kb)
Consulta do corpo de entradas en formato .PDF (5.918 Kb)
Consulta dos índices en formato .PDF (2.315 Kb)

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2008). Termos esenciais de contabilidade: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (147 Kb). Tamén accesible como cartafol terminolóxico(documento .PDF de 3.157 Kb)

Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2008). Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria: (galego-español-inglés)
Consulta da obra completa en formato .PDF (3.870 Kb)
Consulta do corpo de entradas en formato .PDF (3.050 Kb)
Consulta dos índices en formato .PDF (877 Kb)

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2007). Termos esenciais de nova economía: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (252 Kb). Tamén accesible como cartafol terminolóxico –exterior e interior– (documento .PDF de 2.610 Kb).

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2006). Termos esenciais de recursos humanos: (galego-español-inglés-catalán)
Consulta en formato .PDF (353 Kb)
[Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons]

VV. AA. (2006). Vocabulario panlatino de hemodinámica (italiano-catalán-francés-galego-portugués-romanés-castelán-inglés)
Consulta en liña

Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2004). Termos esenciais de botánica: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (1069 Kb)

Guitián Rivera, Xoán (coord.) (2002). Vocabulario de química: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (801 Kb). Contén táboas.

Rubal Rodríguez (coord.) (2002). Léxico de métodos de investigación e diagnóstico en educación: (galego – español)
Consulta en formato .PDF (1765 Kb)

Unión Latina-Realiter-Bureau de la traduction du Canada (2001). Léxico panlatino de Internet: (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés)
Consulta da obra completa en formato .PDF (6.571 Kb)
Consulta da versión ordenada a partir das entradas en galego, formato .PDF (463 Kb)
Consulta ordenada a partir das entradas en inglés, formato .PDF (564 Kb)

Asociación Internacional para a Orientación Escolar e Profesional (2000). Glosario de orientación escolar e profesional: (galego-español-inglés- francés-alemán)
Consulta en formato .PDF (420 Kb)

Caballo Villar, Belén et alii (1996). 131 termos básicos de educación social
Descarga en formato .DOC comprimido (63 Kb)

CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996). Léxico de xeografía: (castelán-galego)
Descarga en formato .DOC comprimido (27 Kb)
Consulta en formato .HTML

CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996): Léxico de arqueoloxía: (castelán-galego)
Descarga en formato .DOC comprimido (44 Kb)
Consulta en formato .HTML

Masa Vázquez, Xosé M. (1995): Vocabulario de matemáticas: (galego-castelán-inglés- portugués)
Descarga en formato .DOC comprimido (108 Kb)

Colectivo “A Corrente” (1994): Léxico básico das ciencias naturais: (castelán-galego)
Descarga en formato .DOC comprimido (16 Kb)
Consulta en formato .HTML:  Bioloxía  / Botánica / Xeoloxía / Zooloxía

Candocia Pita, P. et alii (1994): Vocabulario de historia: (castelán-galego)
Descarga en formato .DOC comprimido (80 Kb)
Consulta en formato .HTML

Blanco Valdés, X. L. (1993): Léxico editorial: (castelán-galego)
Descarga en formato .DOC comprimido (23 Kb)
Consulta en formato .HTML

Magosto, Magusto e Castanyada

Magosto en Ourense (foto tirada do xornal A Voz de Galicia)

Agora ten sentido o post do outro día, non! Despois de saber un chisco de teoría sobre o que sucede en Galicia por estas datas, agora toca un poco de práctica. Que mellor forma de saber como é un magosto, que facer un. Así que o Lectorado de galego, o Lectorado de portugués do Brasil, o Lectorado de catalán e mais o departamento de portugués do Institut für Übersetzen und Dolmetschen, imos organizar un Magosto, Magusto, Castanyada moi transcultural :-D. En todos este territorios existe unha tradición semellante de comer castañas por este tempo.

Magusto Anuncio 3(1)

E como calquera magosto, ten que haber de comer. Aquí tendes algunhas das especialidades que van estar nesta festa:

Magusto - EMENTA 3

Vémonos, logo, o día 27 de novembro a partir das catro da tarde na Fachschaft do Institut für Übersetzen und Dolmetschen (Cafete, Haus zum Riesen):

Preme na imaxe para ver máis detalles

 

 

 

Unha visión xeral dos tempos verbais en galego: pretérito e copretérito

E xa son chegados os tempos. Se para alguén que aprende alemán son os casos, as partículas, os trennbare verben, a colocación dos diferentes elementos na oración, os verbos ao final,…, o galego algo tiña que ter complicado, digo eu, ou! Pois velaquí vai unha visión xeral do sistema verbal galego. De momento deixamos a un lado as perífrases verbais, xa que para os falantes de alemán pode resultar un chisco complicado, xa que no seu sistema verbal carecen de aspecto.

Sin título

E non vos esquezades de ir tamén aquí para completar a información. E para facerdes os exercicios podedes ir tamén aquí.

Reto tradutivo da ‘superpolisemia’: como levar ‘aquelar’ ao alemán?

O outro día en clase saiu. Saiu a palabra máis temida por calquera profe de lingua galega para estranxeirxs. Se existen materiais supercondutores que conducen os electróns sen case resistencia nin perda de enerxía, hai palabras en galego que son superpolisémicas. É o caso de “aquelar”. E como non lle atopomos unha solución axeitada, pois acudimos á sabedoría da colectividade.

Como sempre imos acudir á definición do dicionario da RAG. Isto é o que nos conta:

verbo transitivo e pronominalVerbo de sentido vago que se usa na lingua coloquial cando non se atopa o adecuado, e que adquire un significado preciso dependendo do contexto en que se use, así:

1. reparar, amañar, arranxar.

A ver se me podes aquelar a radio, que a teño avariada.

2. estragar(se)

Non me andes na radio, que ma aquelas. Aquelóusenos a televisión.

3. amolar, alterar(se), enfadar(se).

Ese rapaz anda todo o día aquelando a un. Logo se aquela cando as cousas non lle van ben. Non te aqueles, que che vai ser o mesmo.

Daquela, como aquelamos as palabras en alemán? Valeríanos: dingsen, richten, vermurksen,…?

Aquí tendes un exemplo claro da superpolisemina, neste chiste de Luís Davila:

IMG_3758

Axúdanos cos teus comentarios

Amasando nos verbos: temporalidade, alternancia vocálica

E despois da parte teórica dos verbos que demos aquíaquí e aquí, toca poñelo en práctica. A partir dos exercicios tirados de LearningApp, imos primeiro cun exercicio de recoñecer verbos. Ollo que tamén hai de alternacia vocálica 😀

Sin título

E un chisco de práctica dos verbos de alternancia vocálica. Isto é sinxelo, ou!

Sin título

Volvemos para identificar as formas verbais!

Sin título

Sin título

Mehr Übungen