
Imaxe tirada da Wikipedia
Un das chaves para meterlle o dente a unha lingua son os pronomes persoais. Son uns elementos lingüísticos fundamentais para non repetirnos e usar de xeito máis eficaz a lingua. Sonvos deses elementos básicos para poder construír as nosas primeiras frases en galego.
No seguinte prezi, deixovos explicados os pronomes tónicos e átonos do galego con algúns consellos básicos para colocalo ben na oración. Lembra que xamais os pronomes átonos comezan unha oración.
E como non so se vive unicamente da teoría, é hora de pór en práctica o aprendido. Velaquí van algúns exercicios do que estivemos a traballar na clase:
Antes de nada imos traballar en identificar os pronomes átonos deste texto, feito no departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Otero Pedraio:
Seguimos coa identificación dos pronomes te (mich) e che (dir). No seguinte exercicio, feito tamén no IES Otero Pedrayo, imos colocar estes pronomes nos espazos en branco. No esquezas que tan só pode haber un Akkusativ (Obxecto Directo). Preme na imaxe para ir ao exercicio:
E, para rematar, unha clase práctica sobre a colocación dos pronomes :-D!!