Ludwig Feuerbach: da crítica da relixión á inspiración do movemento Vormärz

Por M.H

Feuerbach_Ludwig

Ludwig Feuerbach é un dos filósofos e antropólogos alemáns máis coñecidos cuxa crítica do idealismo e da relixión influenciou a otros filósofos, entre eles Karl Marx ou Friedrich Nietzsche.

Ludwig Feuerbach naceu en Landshut no 28 de xullo de 1804. É o tío do famoso pintor Anselm Feuerbach. Despois de intersarse pola teoloxía durante o seu tempo na escola, empezou a estudala en Heidelberg en 1823. Como a carreira o desilusionou, decidiu estudar filosofía na que se doutorou en 1828. O título do doutorado foi De ratione una, universa, infinita. A finais deste ano, seguiu coa habilitación para catedrático. Por mor da publicación da súa obra Pensamentos sobre Morte e Inmortalidade [Gedanken über Tod und Unsterblichkeit], o seu t seu traballo académico perigou pola súa obra Pensamentos sobre Morte e Inmortalidade [Gedanken über Tod und Unsterblichkeit] que foi prohibida inmediatamente debido á súa crítica da relixión.

En 1837, casou con Bertha Löw que deu a luz a súa primeira filla, “Lorchen”, e a súa segunda filla, malia que morría pouco despois do seu nacemento.

No ano 1841, Feuerbach publicou a súa obra principal A Esencia do Cristianismo que lle daba sona dun día para outro. Dous anos despois dedicouse aos tratados de Martiño Lutero. Quería probar que os seus pensamentos sobre o cristianismo xa existiran nas obras do reformador famoso. Dende a publicación d’A Esencia do Cristianismo, a súa vida cambiou moito. Viaxaba máis frecuentemente, por exemplo a Heidelberg onde visitaba moitas veces a Christian Kapp (un catedrático de filosofía e político durante a Revolución alemá de 1848/49).

Feuerbach fíxose líder do movemento Vormärz pola súa crítica do idealismo e da relixión. Aínda que rexeitou varias ofertas de xornais da oposición, non obstante estaba a favor do movemento comunista. En 1848 participou no movemento revolucionario, pero co tempo recoñeceu a falta de perspectivas dos esforzos parlamentarios.

No outono de 1848 aceptou o convite dunha delegación estudantil para dar unha clase maxistral. Un dos seus oíntes foi o escritor famoso Gottfried Keller. Nesta clase compartiu a súa obra A Esencia da Relixión, que foi publicada en 1846, en trinta partes.

Tras o derrubamento da Revolución alemá -tamén coñecida como Revolución de Marzo – volveu a Bruckberg desilusionado. Como a reacción política suprimiu cada pensamento político, a filosofía de Feuerbach desapareceu completamente e, no seu lugar, foi sustituída polo pensamento de Arthur Schopenhauer. O renome de Feuerbach medrou en Francia, en Inglaterra e nos Estados Unidos onde se fixeron traducións d’A Esencia do Cristianismo.

Debido á falta de traballo da súa muller, a familia estivo en perigo de vivir en pobreza total. Pero moitos amigos do tempo da Revolución recadaron doazóns e incluso organizaron a súa mudanza a Rechenberg, onde Feuerbach pasou o resto da súa vida. As súas ganas de escribir diminuíron (non obstante, escribiu o tratado Sobre Espiritualismo e Materialismo, sobre todo en relación coa libre vontade), en cambio, o seu interés na política foi incitado pola Guerra austro-prusiana no ano 1866. Así afiliouse ao SDAP (Sozialdemokratische Arbeiterpartei) en 1869, antes de sufrir un ataque de apoplexía un ano despois. Esa enfermidade destruíu case completamente a súa capacidade intelectual.

Ludwig Feuerbach morreu de pulmonía o 13 de setembro de 1872 á idade de 68 anos.