O teatro universal de Twitter

Unbenannt

Case vén sendo un clásico fallar do positivo que poden ser as TIC para a educación e, concretamente, para o ensino de linguas. Non todo é branco nin negro, ou como di un dito galego: Deus é bo, pero o demo non é malo. O que vai facer o alumnado de Galego 1 do Galicien Zentrum an der Universität Heidelberg é un experiemento coas redes sociais e o teatro. A idea non é nada nova, tan só se trata de unha adaptación que alá polo 2010 fixo a Royal Shakespeare Company con Romeo e Xulieta.

Daquela, esta compañía de teatro puxo en marcha o proxecto Such tweet sorrowO funcionamento é ben sinxelo: cada personaxe da obra era un perfil de Twitter e a partir dun guión previo, improvisábase os chíos coas diferentes personaxes da obra. Pero o outro punto bo é que calquera cunha conta de Twitter podía interactuar e meterse dentro da obra. Amais de que a obra acontecía en tempo real: que ían traballar pois contaban que ían traballar, que saían de troula, pois mesturaban a súa realidade coa do personaxe.

E ben, como podería servir este experimento de narrativa transmedia a unha clase de ensino de lingua? Pois moi sinxelo, a capacidade de Twitter de xerar unha comunicación horizontal e directa coa comunidade twiteira que usa o galego. Esta aproximación axudaría ao propósito principal: que a través do uso do galego nesta rede social puidesen entrar en contacto directo con todo tipo de persoas que poden axudar a compoñer unha visión da complexidade de Galicia ao alumnado. 

Polo menos que teñan máis relatos do que o profesorado lle pode contar :-D.

A obra de base que se vai pór en escena (ou polo menos tentalo) é un fragmento de Tic-Tac de Suso de Toro que se titula “Teatro Universal”. Para os que non vos lembredes de que vai, velaquí unha ligazón ao texto. Así que seguídelle a pista ao Barbudo, Hansel e Gretel por Twitter e conversade con eles, a ver que vos contan. Tamén poderedes seguilos co hastag #WTgal.

 

Deixar un comentario