BIOGRAFÍAS INVENTADAS A TRAVÉS DUNHA FOTO: @MariaSolar2

[descrición da actividade: a partir dunha foto dunha personaxe galega famosa que non se coñece en Alemaña, o alumnado tivo que inventar unha biografía]

por  H.G.Desmond

 

Ela chámase Sara e é profesora nunha escola primaria en Pontevedra. Ten corenta e tres anos. Está casada cun membro do Congreso dos Deputados. Non o ve moito, porque traballa moito en Madrid. Ten dous nenos e un can. Gústalle viaxar a outros países europeos. Cando ten tempo libre, gústalle traballar no xardín e ler. Non lle gusta aparecer en público co seu esposo, pero ten que facelo.

BIOGRAFÍAS INVENTADAS A TRAVÉS DUNHA FOTO: @magago

 

[descrición da actividade: a partir dunha foto dunha personaxe galega famosa que non se coñece en Alemaña, o alumnado tivo que inventar unha biografía]

por Johanna Schober

 

Este señor chámase Pepe e é propietario dunha viña. Vive preto de Vigo nas Rías Baixas e elabora o viño branco máis famoso da rexión. Viviu nesta zona desde o seu nacemento e aínda comparte a casa cos seus pais. Pero Pepe tamén ten unha muller e unha filla. A sua muller chámase Conchita e provén da Coruña. A sua filla, que se chama Elena, gústalle moito ir á Costa da Morte ondenda viven os seus avós, os pais de Conchita. Pero tamén están felices coa sua vida nas Rías Baixas

Biografías inventadas a través dunha foto: @maruxacastro

[descrición da actividade: a partir dunha foto dunha personaxe galega famosa que non se coñece en Alemaña, o alumnado tivo que inventar unha biografía]

por Clara Mateos

 

Ela chámase Maria e é unha cantante moi famosa dun grupo de musica pop. É una moza duns vinte e sete anos. Cando ten tempo libre gústalle ler novelas románticas cun final feliz. Encántalle a cociña italiana, por exemplo, os espaguetis con allo e aceite ou os canelóns. No seu tempo de lecer, gústalle ir coas súas amigas a tomar un café e falar sobre calquera cousa. Se non fose cantante, gustaríalle traballar con nenos. Adora bailar, pero non sae moito porque todo o mundo a recoñece. Gústalle máis ir de discotecas noutros países, onde a xente aínda non a coñece. Os fins de semana vai visitar ao seu mozo que non vive como ela, en Galicia, senón en Madrid. Coñecéronse nun concerto de Nadal, onde ela actuaba. Naquel entón el non sabía quen era e dirixiuse a ela como se nada. Iso impresionouna moito, e desde entón son inseparables.

No futuro quere seguir vivindo en Galicia, pero co seu mozo. Quere viaxar algún dia a Australia e Nova Celandia. Nos próximos anos, gustaríalle casar e ter fillos.