Biografías inventadas a través dunha foto: @maruxacastro

[descrición da actividade: a partir dunha foto dunha personaxe galega famosa que non se coñece en Alemaña, o alumnado tivo que inventar unha biografía]

por Clara Mateos

 

Ela chámase Maria e é unha cantante moi famosa dun grupo de musica pop. É una moza duns vinte e sete anos. Cando ten tempo libre gústalle ler novelas románticas cun final feliz. Encántalle a cociña italiana, por exemplo, os espaguetis con allo e aceite ou os canelóns. No seu tempo de lecer, gústalle ir coas súas amigas a tomar un café e falar sobre calquera cousa. Se non fose cantante, gustaríalle traballar con nenos. Adora bailar, pero non sae moito porque todo o mundo a recoñece. Gústalle máis ir de discotecas noutros países, onde a xente aínda non a coñece. Os fins de semana vai visitar ao seu mozo que non vive como ela, en Galicia, senón en Madrid. Coñecéronse nun concerto de Nadal, onde ela actuaba. Naquel entón el non sabía quen era e dirixiuse a ela como se nada. Iso impresionouna moito, e desde entón son inseparables.

No futuro quere seguir vivindo en Galicia, pero co seu mozo. Quere viaxar algún dia a Australia e Nova Celandia. Nos próximos anos, gustaríalle casar e ter fillos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s