Galicische Geistergeschichte: O morto (der Tote) erzählt von #QuicoCadaval

Sin título

Unha advertencia sobre a variedade de galego que usa este contador de historias: usa gheada seseo, amais dalgunhas formas que non son da variedade estándar do galego. A ver se adiviñades cales son e as poñedes nos comentarios :-D. En liñas xerais, nestas cousas do estándar hai como dous planos básicos, a construción dunha variedade estándar escrita e doutra oral que sexa aceptada por todos. Vaiamos a un caso concreto. Malia que na costa arousá se poda dicir [‘ɡhato̝], [gha’mɛla] ou [‘dɛs] e noutros lugares de Galicia dígase [‘gato], [ga’mɛla] ou [‘dɛθ], non é ningún impedimento que haxa unha variedade escrita que tente ‘unificar’ estas diverxencia escribindo: <gato>, <gamela> e <dez>. Ora ben, cando estamos a ler un texto ou a declamalo, que impedimento hai que cando vemos <gato>, <gamela> o digamos como [‘ɡhato̝], [gha’mɛla] os que teñan gheada e os que non como [‘gato], [ga’mɛla]? Nesta ligazón podedes atopar máis informacion sobre estes trazos foneticos: Gheada, seseo e outras variantes e rexistro do galego: ás voltas co estándar falado do galego

Mehr Infos: