A rede de Centro de Estudos Galegos

Secretaría Xeral de Política Lingüística mantén convenios de colaboración con diferentes universidade de fóra de Galicia co ánimo de crear lectorados e cátedras de galego que potencien e difundan a lingua e o coñecemento da cultura galega no eido internacional. Na actualidade existen 47 centros de estudos galegos en diferentes universidades de Europa, América e Oceanía. A maior parte delas contan con lectores –licenciados en Filoloxía Galega oue Licenciados en Traducción e Interpretación-, asentados en departamentos coñecidos como Centro de Estudos Galegos, que imparten materias de lingua galega adaptadas ás necesidades do alumnado de cada universidade. Catro deles atópanse en universidades de Alemaña: Kiel, Berlín, Leipzig… e Heidelberg.

E que mellor forma que o alumnado fale das súas experiencias de aprender galego en primeira persoa. A través do documental colaborativo Eufalo.tv podemos acceder a moitas desas experiencias.

Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.

A modo de exemplo da actividade destes centros, vai a continuación unha conversa gravada con Ness, alumna do Centro Galego de Birmingham.

E Ben fálanos da súa experiencia na Universidade de Oxford:

Pero non todo vai ser a universidade. A historia de Cath Müller é ben curiosa. Ten 26 anos, estuda filoloxía inglesa e é alemá, pero leva 3 anos vivindo en Bastiagueiro. Cando veu vivir aquí decidiu aprender a falar en galego sen ter moita idea de falar en castelán.

Se queres saber máis sobre o noso labor, colaborar co CEG ou simplemente contactar connosco, non dubides en escribirnos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s