Curso de verán de galego en Galicia

Galego | Deutsch
AMoa1

Vista desde a Laxe da Moa, con Fisterra ao fondo. Autor: Xosé Calvo

As universidades de Santiago de Compostela e da Coruña ofrecen escolas de verán en Galicia, ás que poden asistir tanto os estudantes coma os adultos interesados. O principal obxectivo destas escolas, normalmente desenvoltas durante o mes de xullo, é dar ao estudante a oportunidade de adquirir familiaridade coa lingua e coa cultura propias. Estes cursos tamén inclúen varias viaxes dun día e excursións a algúns dos lugares máis fermosos e relevantes do país. Aquí tes algúns datos sobre os cursos:

Todas as escolas de verán de galego ofrecen bolsas ata 450 euros aos seus estudantes. Para saber como solicitalas, contacta con Gabriel Pérez Durán (gabriel.perez.duran[AT]iued.uni-heidelberg.de).

Inda que dura un chisco, complementando a visión do alumnado, a continuación vai un filme de Daria Shornikova, alumna deste curso, onde recolle impresións da súa experiencia en Santiago de Compostela.

[vimeo http://vimeo.com/9267106]

Deixar un comentario