Na procura de conexións: como se dirá cacique en alemán?

E continuamos con ese traballo de buscar os puntos de xuntanza entre o alemán e o galego. O outro día saiu en clase unha palabra que non lle atopamos ningunha palabra en aleman.

Como sempre, déixovos a definición do dicionario da RAG para que nos oriente un chisco sobre o sentido que tentamos codificar en alemán:

2. pexorativo. Persoa que, amparándose nunha situación social, profesional etc., de privilexio, exerce ou controla o poder político para concederlles favores aos seus protexidos ou a quen se somete á súa autoridade e actuar por vinganza contra quen non o fai. Na aldea non se facía nada sen o consentimento do cacique.

3. pexorativo. Persoa déspota e autoritaria. O xefe de persoal era un cacique, por iso ninguén se atrevía a suxerir cambios no xeito de organizarse no traballo.

Segundo a Wikipedia, o termo cacique (der Kazike) é unha “O termo cacique, palabra de etimoloxía taína (parte da etnia arawak) pasou a ser un concepto aplicado polos españois a certas personalidades das culturas orixinarias centroamericanas e sudamericanas; con isto referíase ás persoas que tiñan poder. Os españois, ao coñecela neses pobos, empregárona equivocamente aplicándoa aos homes que tiñan maior poder económico (animais, áreas de cultivo etc) e máis esposas. O equívoco persiste entre os non especialistas, xa que moitos chaman “cacique” aos soberanos (absolutos) de imperios (aztecas, kechuas etc) do mesmo xeito que aos xefes ou líderes de pequenas poboacións consideradas ‘sen Estado’, por exemplo os nambikuara. É así que se chama vulgarmente “cacique” aos kuraka dos Andes centrais, aos toki, longko e ülmen dos mapuche, os tuvichá dos avá ou guaraníé etc. Existe unha obvia razón pragmática para tal tipo de xeralización e reduccionismo apelando á palabra “cacique”. Con todo o que desexe entender máis o real de cada etnia (nin que dicir ten que máis aínda o sociólogo e o antropólogo) debe ter cautela con tal uso indiscriminado da palabra “cacique”. Por outra banda a palabra “cacique” e “caciquismo” foi usada na España decimonónica (en particular, en Galiza) para aludir despectivamente a “caudillos” e líderes sociais deses tempos. A súa existencia resultou un dos factores desencadenantes da literatura da xeración do 98. Dun xeito semellante, noutros países (por exemplo Arxentina) úsase moitas veces figurativa e peyorativamente a palabra “cacique” para aludir a quen detenta o poder de “redes clientelares” aínda que nada teñan que ver cos pobos orixinarios de América”.

De cacique tamén deriva a súa forma de goberno, o caciquismo. Unha posible tradución deste temo sería Klientelismus. Que viría a ser segundo a Wikipedia:

Klientelismus ist ein System personeller, ungleicher Abhängigkeitsbeziehungen in politischen Apparaten, zwischen einflussreichen Personen und ihren Klienten auf der Grundlage von Leistung und Gegenleistung. Betrachtet man diese Form asymmetrischer Beziehung von Seiten der einflussreichen Person aus, spricht man auch von Patronage.

Die Klientel (lateinisch: clientela) ist eine Gruppe von Klienten, im Alten Rom wie heute noch als die Person, die einen Anwalt befragt oder für sich sprechen lässt (cluere: hören, gehorchen). Im Mittelalter wurde bei der Weiterverwendung römischen Rechts auch die Bezeichnung „cliens“ und „advokatus“ beibehalten. In politischer Hinsicht ist der Klientelismus ein Vorläufer der indirekten Demokratie, da der Patron Verantwortung für das Wohl und die Sicherheit seiner Klientel gewährleistet und im Tausch Nahrung und Arbeit erhält (d.h. Steuern, Ernten, Frondienste und Truppen zur Verteidigung).

Der Klientelismus ist ein Organisationsschema mit zugleich feudalistischen und familiaristischen Strukturelementen. Er ist eine Sonderform parochialpartizipatorischer (politischer) Kultur, die von der anthropologischen Analyse aus gesehen einzig eine Tauschbeziehung zwischen zwei Personen mit ungleich verteilten Machtchancen darstellt. Diese Tauschbeziehung beruht auf der Basis gegenseitiger Interessen und wechselseitiger Hilfe.

Politischer Klientelismus bezeichnet den Tausch von Gefälligkeiten, Gütern und Dienstleistungen von Seiten parteipolitischer Führungspersönlichkeiten gegen politische Unterstützung oder Loyalität, etwa in Form von Wahlstimmen, von Seiten der Klienten. Sehr verbreitet ist diese Praxis bis heute in Lateinamerika, bekannt für modernen politischen Klientelismus ist z. B. die Peronistische Partei in Argentinien. Gerade in armen Stadtvierteln werden Abhängigkeiten geschaffen, indem etwa Sozialleistungen von der Gemeindeverwaltung über Mittler (englisch: Broker) an die Bedürftigen verteilt werden und sich so die politische Unterstützung für den bevorzugten Kandidaten gesichert wird, indem z. B. der Erhalt von Lebensmitteln oder Medikamenten an den Besuch von Parteiveranstaltungen gekoppelt wird.

Der Historiker Heinz A. Richter hält den Klientelismus für das wesentliche konstitutive Element Griechenlands.[1]

Reto tradutivo da ‘superpolisemia’: como levar ‘aquelar’ ao alemán?

O outro día en clase saiu. Saiu a palabra máis temida por calquera profe de lingua galega para estranxeirxs. Se existen materiais supercondutores que conducen os electróns sen case resistencia nin perda de enerxía, hai palabras en galego que son superpolisémicas. É o caso de “aquelar”. E como non lle atopomos unha solución axeitada, pois acudimos á sabedoría da colectividade.

Como sempre imos acudir á definición do dicionario da RAG. Isto é o que nos conta:

verbo transitivo e pronominalVerbo de sentido vago que se usa na lingua coloquial cando non se atopa o adecuado, e que adquire un significado preciso dependendo do contexto en que se use, así:

1. reparar, amañar, arranxar.

A ver se me podes aquelar a radio, que a teño avariada.

2. estragar(se)

Non me andes na radio, que ma aquelas. Aquelóusenos a televisión.

3. amolar, alterar(se), enfadar(se).

Ese rapaz anda todo o día aquelando a un. Logo se aquela cando as cousas non lle van ben. Non te aqueles, que che vai ser o mesmo.

Daquela, como aquelamos as palabras en alemán? Valeríanos: dingsen, richten, vermurksen,…?

Aquí tendes un exemplo claro da superpolisemina, neste chiste de Luís Davila:

IMG_3758

Axúdanos cos teus comentarios

Unha de cuncas

Revista Luzes de Galicia

E continuamos con máis problemas co artigo da revista Luzes de Galicia, de Débora Campos. Agora o que nos vai ocupar é o vocábulo: cunca.

Vexamos o que nos conta o Dicionario da Real Academia Galega:

  1. Recipiente cóncavo con ou sen asas, de distintos materiais, para tomar líquidos. Unha cunca para o caldo.
  2. [por extensión] Cantidade de algo que cabe neste recipiente. Tomou tres cuncas de viño.

Unha cunca de viño

230px-A_small_cup_of_coffee

Unha cunca de café

E velaquí vai o contexto dentro do artigo, “O home que venceu a Franco:

A cunca ten un tamaño singular. Non vai coas do seu talle, as do café, que son pequenas. Pero tampouco casa coas grandes, as do té. «Daquela, facíanse os xogos a pedido e meu pai mercara as doce pezas tradicionais co seu pratiño e mais esta enorme para el beber nela ao seu gusto e tamén unha moi pequerrechiña para min, que era o mais cativo dos fillos», lembra Darío Rivas, 93 anos, na serenidade dun serán no extrarradio da cidade de Bos Aires á que chegou de Lugo en 1930. Aínda que aquí o tempo parou hai ben horas, as referencias din que só nesta semana, este galego que agora garda a cunca nunha vitrina con dedos rápidos, participou en catro actos e pasou dúas veces polos tribunais porteños acompañando novos declarantes na querela que presentou en 2010 para investigar os crimes do franquismo.

Optariamos por Tasse? Schale?

Como o vedes?

E como se traducirá “pequerrechiña” ao alemán?

Imos a inaugurar unha nova sección dentro do blogue: “Traducir o intraducible? Os tránsitos entre o galego e o alemán”. Dentro do menú, estará en proxectos>obradoiro de tradución. Xogaremos coas palabras e expresións que nos vaian saíndo no transcurso das clases e non lle deamos atopado unha tradución ao alemán. E cando entre unhas poucas non se chega a bo porto, daquela que mellor forma que acudir á comunidade para solucionar os problemas.

Imos ao choio!

Posiblemente, unha das cousas máis difíciles é como trasladar dun idioma a outro a afectividade. En galego os diminutivos teñen ese valor. Existen moitos. Se collemos a Gramática galega de Álvarez, Monteagudo e Regueira (1986), algúns deles son:

  • (-iñ-o / -iñ-a). De “mozo/a” (Freund; Junge, Mädchen; junger Mann, junge Frau): mociño ou mociña.
  • (-ol-o / –ol-a). De “pequeno/a”: pequenolo, pequenola.
  • (-ech-o / –ech-a). De “pequeno/a”: pequecho, pequecha.
  • (-uch-o / –uch-a). Inda que ademais do carácter diminutivo, ten un carácter pexorativo. Por exemplo, de “leira” (Feld), temos “leirucho” ou “leirucha”.

Se queredes máis información sobre o tema dos diminutivos, clica aquí.

Moitas veces, o uso dos diminutivos en galego, máis ca unha disminución do tamaño da palabra a que acompaña o sufixo (poñamos por caso: mociño), ten unha función emocional e afectiva que predomina por riba da diminución.

Tamén se pode dar a circunstancia de que se acumulen varios sufixos diminutivos coa función de intensificar o valor do diminutivo, amais de ser moi típica da linguaxe infantil. Un caso típico é a dúbida que nos ocupa hoxe. Por unha banda, a partir de “pequeno” (Klein) podemos formar un diminutivo co sufixo -echo/a: pequerrecho e, pola outra, a partir do sufixo -iño/a, podemos ter pequeniño. Ora ben, tamén se pode combinar os dous sufixos -echo/a e -iño/a. E, deste xeito, chegamos a palabra que nos interesa pequerrechiña.

Estamos a traducir un artigo xornalístico de Débora Campos en Luzes de Galicia, “O home que venceu a Franco“. Daquela ese pequerrechiña como quedaría mellor en alemán? Velaquí o contexto:

A cunca ten un tamaño singular. Non vai coas do seu talle, as do café, que son pequenas. Pero tampouco casa coas grandes, as do té. «Daquela, facíanse os xogos a pedido e meu pai mercara as doce pezas tradicionais co seu pratiño e mais esta enorme para el beber nela ao seu gusto e tamén unha moi pequerrechiña para min, que era o mais cativo dos fillos», lembra Darío Rivas, 93 anos, na serenidade dun serán no extrarradio da cidade de Bos Aires á que chegou de Lugo en 1930. Aínda que aquí o tempo parou hai ben horas, as referencias din que só nesta semana, este galego que agora garda a cunca nunha vitrina con dedos rápidos, participou en catro actos e pasou dúas veces polos tribunais porteños acompañando novos declarantes na querela que presentou en 2010 para investigar os crimes do franquismo.

Poderíase usar “kleinigkeiten” (por exemplo, a escritora galega María Reimóndez ten un libro de poemas en alemán con este mesmo título, Kleinigkeiten)? Usaríase o sufixo -chen ou -lein? Ou unha combinación deles? Pero isto como quedaría en alemán, entenderíase ou non? Quedaría cunha linguaxe demasiado infantil para un artigo xornalístico?

Deixade os vosos comentarios a ver se chegamos a unha solución. Grazas pola vosa colaboración