Reto tradutivo da ‘superpolisemia’: como levar ‘aquelar’ ao alemán?

O outro día en clase saiu. Saiu a palabra máis temida por calquera profe de lingua galega para estranxeirxs. Se existen materiais supercondutores que conducen os electróns sen case resistencia nin perda de enerxía, hai palabras en galego que son superpolisémicas. É o caso de “aquelar”. E como non lle atopomos unha solución axeitada, pois acudimos á sabedoría da colectividade.

Como sempre imos acudir á definición do dicionario da RAG. Isto é o que nos conta:

verbo transitivo e pronominalVerbo de sentido vago que se usa na lingua coloquial cando non se atopa o adecuado, e que adquire un significado preciso dependendo do contexto en que se use, así:

1. reparar, amañar, arranxar.

A ver se me podes aquelar a radio, que a teño avariada.

2. estragar(se)

Non me andes na radio, que ma aquelas. Aquelóusenos a televisión.

3. amolar, alterar(se), enfadar(se).

Ese rapaz anda todo o día aquelando a un. Logo se aquela cando as cousas non lle van ben. Non te aqueles, que che vai ser o mesmo.

Daquela, como aquelamos as palabras en alemán? Valeríanos: dingsen, richten, vermurksen,…?

Aquí tendes un exemplo claro da superpolisemina, neste chiste de Luís Davila:

IMG_3758

Axúdanos cos teus comentarios

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s