Galicische Geschichte: Zeitgeschichte

Donón, imaxe tirada do Faro de Vigo

 

Galicische Zeitgeschichte

Spanische Bürgerkrieg

Wanderungsbewegung

Franquismus

Nationalismus

O xénero dos substantivos en galego: menos mal que non temos neutro como en alemán :-D

Imaxe tirada de re-belleetinfidele.blogspot.com

Xa comezamos cun asunto no que existe unha enorme diferenza entre galego en alemán. Por fortuna, dende un punto de vista dunha persoa falante de alemá, en galego so hai dous xéneros. A mala nova é que hai grandes diferenzas entre o que é feminino, por exemplo, entre alemán e galego. Por exemplo, en alemán temos der Mond, mentres que en galego é feminino: a lúa.

Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por:

  • Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o fantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz…
  • Os nomes das letras e as palabras acabadas en -ume tamén teñen xénero masculino: o a, o be, o ce, o de, o efe…; o cume, o legume, o costume…
  • Son femininas: a orde, a canle, a orixe, a cor, a dor, a ponte, a árbore, a cal ou a canle, a calor, a cute, a eclipse, a orde, a pantasma, a ponte, a reuma, a síndrome, a suor, a vertixe…
  • Tamén son femininas as palabras rematadas en:
    • -axe: a equipaxe, a mensaxe, a chantaxe, a porcentaxe… Esta regra non se cumpre para: o traxe, o paxe, o garaxe. Personaxe pode ser feminina ou masculina segundo o contexto.
    • -se (grego “sis”): a crise, a análise, a parálise …
    • -ite (normalmente os nomes das enfermidades): a bronquite, a peritonite, a farinxite …
    • É importante advertir que na lingua galega non existe a cacofonía e diremos a auga, a arma, a arte, a aguia…
  • As que rematan en -án no masculino, teñen unha destas dúas formas en feminino:
    • En á: irmán/irmá; aldeán/aldeá; castelán/castelá; cidadán/cidadá; curmán/curmá; ermitán/ermitá; catalán/catalá; musulmán/musulmá; capitán/capitá, alemán/alemá e case tódolos xentilicios de Galicia: ourensán/ourensá; ferronlán/ferronlá; carnotán/carnotá; arousán/arousá
    • En ana: folgazán/folgazana; pillabán, pillabana; langrán, langrana
  • Por último, queremos indicar tres terminacións máis:
    • -ano/ -ana: italiano, cubano, urbano, humano… (femininos italiana, cubana, urbana, humana…)
    • -ón/ -oa: bretón/bretoa, ladrón/ladroa (ou ladra), león/leoa…
    • -ón/ -ona (aumentativos e deverbais pexorativos): mullerona, preguntón/preguntona…

Velaquí tendes unha explicación da etimoloxía do xénero en galego

Sin título1

E despois de ver isto, tan só queda practicar un chisco 😀

Sin título

As chaves dos pronomes persoais en galego

Imaxe tirada da Wikipedia

Un das chaves para meterlle o dente a unha lingua son os pronomes persoais. Son uns elementos lingüísticos fundamentais para non repetirnos e usar de xeito máis eficaz a lingua. Sonvos deses elementos básicos para poder construír as nosas primeiras frases en galego.

No seguinte prezi, deixovos explicados os pronomes tónicos e átonos do galego con algúns consellos básicos para colocalo ben na oración. Lembra que xamais os pronomes átonos comezan unha oración.

Sin título

E como non so se vive unicamente da teoría, é hora de pór en práctica o aprendido. Velaquí van algúns exercicios do que estivemos a traballar na clase:

Antes de nada imos traballar en identificar os pronomes átonos deste texto, feito no departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Otero Pedraio:

Identifica os pronomes átonos e ao final preme en avaliación para comprobar se atinaches

Seguimos coa identificación dos pronomes te (mich) e che (dir). No seguinte exercicio, feito tamén no IES Otero Pedrayo, imos colocar estes pronomes nos espazos en branco. No esquezas que tan só pode haber un Akkusativ (Obxecto Directo). Preme na imaxe para ir ao exercicio:

Sin título

E, para rematar, unha clase práctica sobre a colocación dos pronomes :-D!!

Adiviñas descritivas: quen son? (II)

Foto de Yoko Ono

Foto de Yoko Ono

Por Adrián Mosquera

Ás veces leva o cabelo curto ou longo. Co paso do tempo empezou a levar lentes. A forma da súa cara é alongada. Ten un aire de intelectualidade e unha mirada serena e vibrante. El foi un guitarrista e cantante dun grupo moi importante na historia da musica pop (Os besouros). Casou cunha asiatica en Xibraltar. Morreu bastante xoven, a idade de 40 anos.

Quen son?