O xénero dos substantivos en galego: menos mal que non temos neutro como en alemán :-D

Imaxe tirada de re-belleetinfidele.blogspot.com

Xa comezamos cun asunto no que existe unha enorme diferenza entre galego en alemán. Por fortuna, dende un punto de vista dunha persoa falante de alemá, en galego so hai dous xéneros. A mala nova é que hai grandes diferenzas entre o que é feminino, por exemplo, entre alemán e galego. Por exemplo, en alemán temos der Mond, mentres que en galego é feminino: a lúa.

Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por:

  • Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o fantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz…
  • Os nomes das letras e as palabras acabadas en -ume tamén teñen xénero masculino: o a, o be, o ce, o de, o efe…; o cume, o legume, o costume…
  • Son femininas: a orde, a canle, a orixe, a cor, a dor, a ponte, a árbore, a cal ou a canle, a calor, a cute, a eclipse, a orde, a pantasma, a ponte, a reuma, a síndrome, a suor, a vertixe…
  • Tamén son femininas as palabras rematadas en:
    • -axe: a equipaxe, a mensaxe, a chantaxe, a porcentaxe… Esta regra non se cumpre para: o traxe, o paxe, o garaxe. Personaxe pode ser feminina ou masculina segundo o contexto.
    • -se (grego “sis”): a crise, a análise, a parálise …
    • -ite (normalmente os nomes das enfermidades): a bronquite, a peritonite, a farinxite …
    • É importante advertir que na lingua galega non existe a cacofonía e diremos a auga, a arma, a arte, a aguia…
  • As que rematan en -án no masculino, teñen unha destas dúas formas en feminino:
    • En á: irmán/irmá; aldeán/aldeá; castelán/castelá; cidadán/cidadá; curmán/curmá; ermitán/ermitá; catalán/catalá; musulmán/musulmá; capitán/capitá, alemán/alemá e case tódolos xentilicios de Galicia: ourensán/ourensá; ferronlán/ferronlá; carnotán/carnotá; arousán/arousá
    • En ana: folgazán/folgazana; pillabán, pillabana; langrán, langrana
  • Por último, queremos indicar tres terminacións máis:
    • -ano/ -ana: italiano, cubano, urbano, humano… (femininos italiana, cubana, urbana, humana…)
    • -ón/ -oa: bretón/bretoa, ladrón/ladroa (ou ladra), león/leoa…
    • -ón/ -ona (aumentativos e deverbais pexorativos): mullerona, preguntón/preguntona…

Velaquí tendes unha explicación da etimoloxía do xénero en galego

Sin título1

E despois de ver isto, tan só queda practicar un chisco 😀

Sin título

Advertisements

2 reflexións sobre “O xénero dos substantivos en galego: menos mal que non temos neutro como en alemán :-D

  1. Ola! Está moi ben o xogo de unir substantivos co artigo correspondente, pero creo que hai un erro: di que “as pálpebras” é incorrecto, e penso que é feminino. Non? En calquera caso, parabéns polo traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s