Os pedais da vida, unha crónica de Cristina Carreño Fernández

por Cristina Carreño Fernández

Unha persoa que viaxa ao estranxeiro ten que ser consciente de que o país para o que vai é, en maior ou menor medida, diferente do seu. Isto non é algo malo, senón que é unha maneira máis de aprender; aprender a relacionarnos, a estar sós, a valernos por nos mesmos, e tamén a coñecernos máis e mellor. É mesmo un modo de apreciar, pois moitas veces non se valora o que se ten ata que se perde, como di o refrán.

Pola miña experiencia admito que ao principio sempre é duro, pero iso non debe botarnos para atrás, senón todo o contrario, darnos forzas e ánimos para seguir coa aventura. A desesperación e a soidade vai ficar durante as primeiras semanas e mesmo meses, pero adiántovos que despois a sensación de liberdade e de realización superará abondo ás anteriores.

No meu caso, Alemaña foi finalmente o destino. Un país cunha historia un tanto sensible e unha lingua interesante foi o que me levou para alá, e agora, para os interesados, contarei as tres diferenzas que atopei, non máis grandes, senón máis significativas, entre esta terra e España.

A primeira é a independencia que lles transmiten aos cativos dende que son pequenos. Van sós en bicicleta por toda a cidade, montan nos tranvías, nos trens, nos autobuses cargados con mochilas máis grandes ca eles, coñecen os sinais de circulación vial, os respectan e os fan. Para min segue sendo motivo de envexa. Esta liberdade que lles dan aos nenos esconde a mentalidade que teñen, pois queren que os cativos tomen dende o principio decisións de seu, que saiban desenvolverse pola vida sen que lles faga falta ninguén. Pode parecer perigoso pero a verdade e que é fascinante. A mesma idea aparece tamén nas autoestradas, que non haxa límite de velocidade en moitos tramos deixa albiscar esa responsabilidade persoal e tamén esa conciencia social ensinada xa dende moi cedo.

A segunda idea, que vai tamén moi relacionada coa anterior, e o aquelados que son coas bicicletas. É absolutamente normal que conduzan sen mans, levando outra bicicleta á vez, falando polo móbil, cargando con alguén na parte de atrás ou mesmo comendo. É impresionante o manexo que teñen deste medio de transporte tan utilizado aquí. A choiva para moitos non é un problema, tampouco a neve, poñen o abrigo, as luvas, o chuvasqueiro e todas as cousas imaxinables e sóbense á bici. Nos días soleados como xa se pode intuír, a marea de bicicletas incrementase ata o punto de ver unha soa masa delas… Hei de dicir tamén que isto non sería posible se non fose pola conciencia ecolóxica tan arraigada que posúen, de aí que poñan a disposición todos os medios necesarios para o uso destes hábitos tan saudables. Todas as cidades dispoñen de carrís bici por todos lados, ¡máis grandes mesmo có espazo para os peóns!

Por último, pero non menos importante, está a transcendencia que lle dan a profesionalidade e a eficacia, que fai que as relacións sexan moito máis frías do que son as nosas, pero é unha frialdade necesaria para eles, e para que as cousas funcionen á hora de conversar, de manter relacións con persoas descoñecidas, cando están no lugar de traballo ou na clase por exemplo; non obstante non temos que interpretalo como algo malo senón como outra forma de ser. Hai moitas formas de ser e non ten porque haber unha mellor ca outra. Despois, e para dar aínda máis confusión ao asunto, hai outras cousas que eu non chego a comprender de todo como, por exemplo, que os pais lle den bicos na boca aos nenos. Ás veces é un pouco confuso, porque agardas ese trato máis distante e de sócato decátaste diso. É un pouco desconcertante.

Agora si, e para rematar, quería facerlles, amigos españois, unha recomendación persoal que van agradecer se viaxan a Alemaña: se che ofrecen e queres, colle, e se ofreces sen querer que collan, pénsao dúas veces. Os alemáns son moi sinceros para iso, eles supoñen que o que se di é o que realmente se quere dicir e non o contrario. Sorte e ánimo se estás por dar ese pasiño e saír ao estranxeiro, só temos unha vida e hai que aproveitala.

#Schimpfen, #fluchen, sich wehre auf #Galicisch ou a creatividade da lingua informal entre galego e alemán

Posiblemente o máis difícil de conseguir nunha lingua, sexa coñecer a fondo a súa linguaxe informal, eses usos que moitas veces non atopas nos dicionarios xerais. Resulta moi curioso a creatividade e as diferentes formas de conceptualizar elementos semellantes. Un non pode entender a obsesión do alemán con coleccionar selos ou copiar DVD para cando andan a ligar. Resulta divertido atopar a lóxica noutra lingua.

O galego é unha lingua máis a este respecto. Velaquí unha pequena mostra:

 

 

Na páxina de Facebook, PelisDobradasAogalego, atopamos exemplos memorables da dobraxe en galego:

 

10993485_10152788950812462_6242124702668976808_n

11667304_10153046341327462_5744152562475669432_n

11665582_10153056744177462_6976685875070783546_n

 

Moitas veces atopar equivalencias entre formas de insultar entre dúas linguas como o galego e o alemán, é misión máis ca imposibe. Déixovos un pequeno xogo para que poidades aprendera algunhas formas de insultar en galego e en alemán. Se tendes máis, non dubidedes en dicírnolo nos comentarios 😀

Sin título

 

Die galicische Dialektologie: Die geografische Varietäten der galicischen Sprache

Quelle:  http://linguadenegueiros.blogspot.com.es/2015/04/materiais-de-dialectoloxia-galega.html

Prema na imaxe

 Mehr information:

Ein verfluchte Schloß: Rochaforte in Santiago de Compostela oder eine Weise für Verständnis des galicischen Mittelalters

castelo

Virtual Tour

Sin título

Die Chronologie (Geschichte des Schloss, von Jahrhundert zu Jahrhundert)

Orte

Sin título 2
Sin título 3

 

Die historische Gestalten

Sin título 4 Sin título 2Sin título 3

 Sin título 7 Sin título 5Sin título 6

 Sin título 8 Sin título 9 Sin título 10

Sin título 2Sin título 11

Sin título 14Sin título 15

Sin título 16

Sin título 18

Die Dingen

132

Sin título45

6

78

91110


1213

AKADEMISCHES ANGEBOT IM SS 2015. GALICISCH III: SPRACHE UND KULTUR

Embed from Getty Images

DONNERSTAG, 09:00-12:00 Uhr, RS 316,

Romanisches Seminar

Prezi zum Kurs: <http://prezi.com/6wmm8edhwziw>

Die galicische Sprache und Kultur ist eng mit der spanisch- und portugiesischsprachigen Welt verknüpft und ist heute eine der vier offiziellen Sprachen des spanischen Staates. Diese Übung soll Sprach- und Kulturkenntnisse in zweifacher Hinsicht vertiefen: Einerseits werden phonetische, morphosyntaktische und soziohistorische Aspekte vertieft; andererseits sollen zu einem besseren Verständnis die linguistischen und soziokulturellen Beziehungen zwischen dem Galicischen und den angrenzenden romanischen Sprachen (Portugiesisch und Spanisch) behandelt werden.

Alle TeilnehmerInnen müssen ein mündliches und schriftliches Referat zu einem der im Verlauf der Übung behandelten linguistischen oder kulturellen Aspekte vorlegen. Die Übung bereitet darüberhinaus auf die offiziellen Examina in galicischer Sprache (CELGA) vor, die dem Gemeinsamen Europäischen Referenzrahmen für Sprachen entsprechen, und die von der galicischen Autonomieregierung abgenommen werden.