Dicionarios monolingües en galego

Dicionario da Real Academia Galega (DRAG)

http://portaldaspalabras.org ou 
http://www.realacademiagalega.org/dicionario

Versión electrónica do dicionario de referencia da RAG (2012), que conta cunhas 50.000 entradas acompañadas da súa pronuncia.

Existen aplicacións gratuítas para Android e iOS:

Complemento para Firefox: https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/drag

Complemento para Chrome: Dicionario da RAG e tradución de textos ao galego co tradutor da Xunta: http://cabozo.com/wordpress/?p=1718

 

image

Dicionario de galego Ir Indo

http://www.digalego.com

Versión electrónica do dicionario da editorial Ir Indo de Vigo (2004) de máis de 65.000 entradas.

  • Equivalencias en portugués, español, italiano, alemán, inglés e francés.

Versión gratuíta para móbiles: http://wap.digalego.com

Dicionário e-Estraviz

http://www.estraviz.org/

Versión electrónica do dicionario de Estraviz (1995), cunhas 125.000 entradas.

Complemento para Firefox: http://www.estraviz.org/em_navegador.php.

RILG

(Recursos Integrados da lingua galega)

http://sli.uvigo.es/RILG/

Conxunto de diversos dicionarios, corpus e bases de datos elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

De entre todas as ferramentas que se ofrecen, hai que sobrancear o Dicionario de Dicionarios. É corpus lexicográfico do galego moderno formado por 25 obras lexicográficas dos séculos XIX e XX. Contén 345.742 entradas, equivalentes a 136.164 lemas diferentes.

 

Galizionario

http://gl.wiktionary.org/wiki/Wiktionary:Páxina_principal

Dicionario colaborativo feito a partir a Galipedia, a versión galega da Wikipedia que conta con máis de 41.000 entradas, amais dalgunhas traducións a outros idiomas.