Die Gesichte des entkolonialen Europas und Europa des Völkes ohne Staat @DecolonialGZ

 

Venres 19 de febreiro de 2016

 

18:00 h.- Recepción dos/as participantes e apertura das xornadas por Lídia Senra Rodríguez, Deputada no Parlamento Europeo pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa e membro do Grupo Parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

18:30 a 21:30 h.– “Unha visión decolonial para unha Europa dos pobos

– Xosé Manuel Beiras (Portavoz de AGE no Parlamento Galego)

– Houria Bouteldja (Parti des Indigènes de la République-PIR, Francia)

– Anna Gabriel Sabaté (Deputada da CUP no Parlamento de Catalunya)

– Lídia Senra Rodríguez (Eurodeputada do GUE/NGL)

Moderador: Ramón Grosfoguel (Europa Decolonial)

Organiza: Grupo Esquerda Unitaria Europea – Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e Alternativa Galega de Esquerda en Europa.
Colabora: Decoloniality Europe. Rede de académicos/as e intelectuais decoloniais europeos/as que busca xerar pensamento crítico sobre a hexemonía política e intelectual de Occidente, e buscar alternativas epistemolóxicas e políticas na decolonizalización do pensamento científico.

 

Sábado 20 de febrero de 2016

 

9:00 a 11:30 h.- O problema do Estado-Nación como institucionalidade de autoridade política e como ficción identitaria no marco europeo

– Quim Arrufat (Membro das CUP)

-Néstor Salvador (Membro do Sindicato Andaluz de Traballadores/as e do Grupo de Estudios Campesinos Juan Díaz del Moral)

-Helena Miguélez-Carballeira (Profesora Universidade de Bangor, Gales)

-Helios F. Garcés (Redactor da ‘Guía de recursos contra o antixitanismo

-Xosé Ramón Cendán (Sindicato Labrego Galego)

Moderadora: Lídia Senra Rodríguez (Eurodeputada do GUE/NGL).

A idea desta mesa é discutir a estrutura do estado-nación como mecanismo de dominación cara ás nacións sen estado e cara aos e as cidadás racializadas. Trátase de discutir o estado-nación como problema e pensar noutras formas de organización institucional da autoridade política máis aló do estado-nación como estrutura que produciu discriminación cara a cidadanía das nacións sen estado e dos pobos racializados. Un tema para discutir é o asunto das formas de estados para sociedades plurinacionais como alternativas ao concepto de estado-nación. Que institucionalidade estatal propoñerían os nacionalismos de esquerda e os movementos descoloniais de Europa máis alá do estado-nación?

11:30 a 12:00 h.– Descanso.

12:00 a 14:30 h.- A interseccionalidade das opresións como problema para pensar os procesos de liberación e os nacionalismos na Europa do século XXI.

– Daniela Ortiz (Artista e activista visual y líder do Espazo do Inmigrante no Raval)

– Ana Martinez Serrano (Membro do Sindicato Andaluz de Traballadores/as e do Grupo de Estudios Campesinos Juan Díaz del Moral)

– Begoña Dorronsoro (Investigadora no Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra)

– Josep María Navarro Cantero (Membro de Decolonialidad de Catalunya)

– Margarita López Barreiro (Activista feminista e Concelleira en Vigo pola Marea de Vigo)

– Moncho Boán (Responsable de Relacións Internacionais da CIG)

Moderadora: Rocio Fraga Sáenz (Concelleira de Igualdade e Diversidade no Concello da Coruña pola Marea Atlántica).

A idea desta mesa é mirar criticamente os procesos de liberación e anticoloniais do século XX para pensar os procesos de liberación descoloniais e de emancipación nacional do século XXI. Trátase de non repetir os nacionalismos patriarcais, clasistas e racistas do século XX e producir nacionalismos emancipadores e proxectos descoloniais de liberación máis aló das opresións de clase, xénero, raza e sexualidade.

 

 

PROGRAMA:

16:30 a 18:30 h.- As Epistemoloxías do Sur: Pensar dende o Sur, para o Sur e co Sur na Europa Actual.

– Dew Baboeram (Decoloniality Europe-Holanda)

– Montse Galcerán Huguet (Profesora Filosofía, Universidad Complutense de Madrid)

– Javier García Fernández (Membro do Sindicato Andaluz de Traballadores/as e do Grupo de Estudios Campesinos Juan Díaz del Moral)

– Zesar Martínez García (Profesor de Socioloxía, Universidade do País Basco)

– Jurjo Torres Santomé (Catedrático de Universidade de Didáctica e Organización Escolar, Universidade da Coruña)

Moderadora: Sandra Pesqueira Pérez (Concelleira e portavoz da Marea de Marín).

A idea desta mesa é discutir o que significa producir un pensamento crítico desde o Sur. Se o Sur non é un espazo xeográfico, senón unha localización en relacións de dominación colonial e neocolonial, existe un Sur dentro do Norte. Trátase de producir un pensamento crítico desde o Sur, é dicir, desde as nacións sen estado e desde a cidadanía racializada provinte da historia colonial. A idea é buscar políticas e formas institucionais de organizar isto.

18:30 a 19:00 h.– Descanso.

19:00 a 21:00 h.– “Unha epistemología do Sur para unha Europa Decolonial”

Boaventura de Sousa Santos: (Catedrático de Socioloxía pola Universidade de Coimbra e profesor de Dereito na Universidade de Wisconsin-Madison, Estados Unidos).

Organiza: Grupo Esquerda Unitaria Europea – Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e Alternativa Galega de Esquerda en Europa.
Colabora: Decoloniality Europe. Rede de académicos/as e intelectuais decoloniais europeos/as que busca xerar pensamento crítico sobre a hexemonía política e intelectual de Occidente, e buscar alternativas epistemolóxicas e políticas na decolonizalización do pensamento científico.

Advertisements

2 reflexións sobre “Die Gesichte des entkolonialen Europas und Europa des Völkes ohne Staat @DecolonialGZ

  1. Pingback: #Spanien und #Galicien: Vom Auswanderungsland zum Einwanderungsland | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

  2. Pingback: Integrationsprojekte in @heidelberg_de: Die #Weltliga und der #Asylarbeitskreis Heidelberg #welcomerefugees | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s