Der Filn der Migration: #Galicien und #Argentinien @cgaifilmoteca @consellodacultura #KWGalicisch

 

José Gil. Recuperada polo CGAI e o Consello da Cultura Galega

 

Quelle: http://galicia100.consellodacultura.gal/obxecto/view/71

O documental Nuestras fiestas de alláchegou ata nós no ano 1999 nunha copia cinematográfica en soporte de nitrato de celulosa de 865 metros de lonxitude, con tinguiduras e viraxes de cor, e imaxes rodadas por José Gil Gil, coa axuda dos seus cuñados Enrique e Constantino Sarabia, no ano 1928 en diversas localizacións do Val Miñor (Vincios, Morgadáns, Nigrán, Chaín, Gondomar, Baiona). Esta copia foi entregada á Filmoteca Española por D. Manuel Durán Pérez, membro da Unión Hijos de Morgadanes en Montevideo, que, xunto co Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe, se ocupou da súa restauración e reprodución nun soporte de seguridade (triacetato de celulosa).
José Gil Gil (Rubiós, As Neves, Pontevedra, 1870 Vigo, 1937) foi unha das máis importantes figuras nos albores da cinematografía galega. Despois dos seus comezos como fotógrafo en Mondariz e Ourense, abre o seu primeiro estudio en Vigo no ano 1905. A súa relación co cine nace coas proxeccións de vistas fotográficas da cidade de Vigo e a súa contorna nos cines de Isidro Pinacho (Victorius Graph e Salón Pinacho) e mais a compra dunha cámara Gaumont no ano 1910 coa que ha filmar todo tipo de reportaxes por encarga, tanto institucionais como industriais, familiares ou publicitarias: desde Visita de los ingleses a Vigo ata, vinte e cinco anos despois, La península del Morrazo, no ano 1935, nun intento de construír un cinema rexional galego. Foi o primeiro operador galego, o primeiro director de ficción galego (Miss Ledyia, 1916) e o primeiro produtor, xa que no ano 1919 funda con Fausto Otero a primeira produtora cinematográfica galega, Galicia Films. Tamén foi precursor en contar con positivadora e laboratorio nunha cidade, Vigo, que neses anos estaba a obter moita relevancia no terreo industrial e turístico grazas ás conserveiras, aos estaleiros e ás liñas navieiras transatlánticas de pasaxeiros. Precisamente nestas
liñas, e grazas aos seus contactos coa emigración en América, José Gil enviaba e mesmo proxectaba as películas que lle pedían diversas sociedades e colectivos de emigrantes galegos establecidos en Sudamérica ou no Caribe (Arxentina, Uruguai, Brasil e Cuba) dende finais do século XIX e principios do XX.
A película da que estamos a tratar é unha das poucas que se conservan deste chamado «cinema de correspondencia» do primeiro terzo do século XX. Foi encargada pola Unión Hijos de Morgadanes en Montevideo á empresa Galicia Cinegráfica, de José Gil, por unhas 2500 pesetas, e estreada o 14 de marzo de 1929 no Teatro Ariel de Montevideo. Estas películas estreábanse, por mor da gran forza social dos colectivos galegos, nos mellores e meirandes teatros da Habana, Bos Aires ou Montevideo. Amosábanlles aos emigrados, ademais dos elementos paisaxísticos, a realidade social e a vida cotiá do noso país neses anos en que as remesas de cartos enviadas por estes constituían unha das principais achegas, cando non a única, para a construción de escolas e outros edificios sociais. Esta correspondencia fílmica mantívose durante moito tempo grazas tanto a José Gil, quen filmou moitas máis das que, por desgraza, conservamos (Nuestras fiestas de allá, 1928; Galicia y Buenos Aires, 1931), como a fotógrafos ou cineastas emigrados que gravaban os actos públicos, institucionais ou de carácter festivo destas sociedades galegas.
A filmografía de José Gil incluíu máis de 150 títulos dos que só conservamos (no arquivo do Centro Galego de Artes da Imaxe Filmoteca de Galicia) unha exigua parte, pois, logo de varias experiencias comerciais frustradas e traxedias familiares, morreu esquecido e pobre. Alén disto, o seu arquivo perdeuse seguramente pola propia natureza do nitrato de celulosa, produto moi inflamable, causante de moitos incendios en cines e laboratorios da época e empregado na fabricación de obxectos como peites, bandexas, calzadores, etc. Este sólido tamén se reemulsionaba nos tempos de escaseza de importación ou fabricación de material virxe para cinematografía, por exemplo no período da guerra civil en España. Malia tales circunstancias adversas, esta película consérvase no seu nitrato orixinal na Filmoteca Española.

Para saber máis

AMO GARCÍA, Alfonso del (1996): Inspección técnica de materiales en el archivo de una filmoteca, colección «Cuadernos de la Filmoteca», Madrid, Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales.
GONZÁLEZ ÁLVAREZ, Manuel (1999): «Películas de correspondencia. José Gil: Imaxe e memoria de Galicia», en Cine restaurado: Nuestras fiestas de allá (1928), Galicia y Buenos Aires (1931), Santiago de Compostela / A Coruña, Consello da Cultura Galega / Centro Galego de Artes da Imaxe.
NOGUEIRA OTERO, Xosé (1997): O cine en Galicia, Vigo, A Nosa Terra.

Nogueira Otero, Xosé (1997): O cine en Galicia, Vigo, A Nosa Terra.

 

Mehr Info:

Advertisements

2 reflexións sobre “Der Filn der Migration: #Galicien und #Argentinien @cgaifilmoteca @consellodacultura #KWGalicisch

  1. Pingback: #Spanien und #Galicien: Vom Auswanderungsland zum Einwanderungsland | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

  2. Pingback: Integrationsprojekte in @heidelberg_de: Die #Weltliga und der #Asylarbeitskreis Heidelberg #welcomerefugees | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s