Entdecken #Galicien und #Europa: #Galicia100

 

Fragmento tirado do blog de Manuel Gago:

 

Galicia 100 é e será moitísimas cousas. En colaboración con Afundación, o 10 de maio inauguraremos na rúa do Vilar, na sede desa entidade, unha importante exposición que conterá boa parte das pezas seleccionadas (algunhas, debido á súa fraxilidade e volume non se puideron traer) que logo itinerará á Coruña e Vigo. É un ambicioso catálogo que vos sorprenderá, dun marcado ton divulgativo, con información sobre cada unha das pezas. É todo un proxecto dixital interactivo asociado, cunha app con toda a información e un modo ‘visita guiada á expo’, unha web e varios desenvolvementos técnicos importantes, como recreacións 3D de varios dos obxectos, dos que obtuvimos unha copia detalladísima para o futuro e para a súa divulgación, e estes marabillosos vídeos cos que queremos contarvos que é para nós Galicia 100. Neles, a xente de I DO visual, dirixida por Fran X. Rodríguez, transmitiu o que nós pediamos: como en Galicia 100 os obxectos cobran vida. Neste caso, o sartego de Fernán Pérez de Andrade.

Mehr Infos:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s