A Virxe da Barca (Muxía, Galicia) ou a apropiación dos cultos precristiáns

por Adrián Mosquera Suárez

A Virxe da Barca de Muxía é un claro exemplo de adaptación e mestura de distintas trazas culturais, neste caso ritos e tradicións de culto relixioso. A igrexa da Virxe da Barca sitúase nun outeiro rochoso na punta onde se sitúa a vila de Muxía, fronte do mar. As sociedades precristáns xa lle rendían culto a este lugar da costa da morte, e sobre todo as pedras e laxes que aquí se atopan. A Pedra de Abalar tiña un sentido curativo e de iniciación a certos ritos, se se conseguía mover, como resposta do contacto divino. A Pedra dos Cadrís relacionáse ca fertilidade, se un consegue pasar por debaixo da pedra, será unha persoa fértil.

Durante a cristianización moitos destes cultos pagáns, espallados por toda a xeografía galega, foron ou santificados con cruces ou adaptados ás tradicións cristiáns, con lendas de índole bíblica (neste caso co apóstolo Santiago) que explicaban a existenza e sentido deses ritos. As primeiras testemuñas escritas sobre unha igrexa cristiá asentada neste lugar datan do século XV, no que se menciona a restauración dunha hermida románica. É dicir que a “adaptación” existe dende os séculos XII ou XIII.

Hoxe en día, o rito do culto as pedras transformouse en culto católico que despois evolucionou a unha ruta turística como prolongación do Camiño de Santiago. Eso sí, a esencia deste lugar, as pedras, seguen sendo o centro e causa do culto xa sexa de forma relixiosa, atea, artística, turística ou etnográfica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s