Was denken Sie über Maschinen, die denken? Un pequeno paseo dende o pensamento de Ada Lovelace ata learning machine

Retrado da matemática Ada Lovelace. Imaxe tirada da Wikipedia

 

Como instrumento de investigación filosófica, la máquina de pensar es absurda. No lo sería, en cambio, como instrumento literario y poético

Jorge Luis Borges

 

Digresión. Hai xa un tempo, Óscar pasoume unhas ligazóns interesantes para aprender a programar con NLTK e tamén con Python. O certo é que son linguaxes de programación coas que poden facerse cousas incribles. Hoxe en día, parece o máis cotiá que nos poidamos imaxinar programar para facer un xogo ou crear unha especie de máquina pensante que combine versos Rilke e poida facer novos poemas ao estilo de Rilke. Xa non falemos do proxecto de applicancións de Jorge Drexler: ter innumerables versións dunha canción:

O abraiante é como a metáfora das máquinas pensantes se instalou no imaxinario de moita xente con moita naturalidade, tanto para ben como para mal. Pero como como raios se nos meteu esas ideas nas redes neuronais do noso cerebro. Moitas veces, un pregúntase como o que pensa chegou a pensalo. Non é un simple xogo para pasar o tempo. Realmente o que estou a pensar, penseino eu individualmente? Ou tamén ten gran influencia o contexto dende onde o estou a pensar? Sería capaz de ter as mesmas ideas e asociacións mentais en contextos sociais diferentes?

Por iso resulta tan fascinante preguntarnos: a quen se lle pasaría pola cabeza, por primeira vez, imaxinar máquinas pensantes? Hoxe en día, pode parecer unha obviedade, pero tentemos pornos no século XIX, por exemplo, e esquecer todo o que sabemos sobre informática, ciencias e humanidades. A que agora xa pode resultar moito máis difícil ter esa idea das máquinas pensantes?

E agora deixovos un chisco de tempo para pensar en quen puido ser a persoa a que se lle ocurriu esta idea das máquinas pensantes. Home ou muller? Pode ser que se trate dunha vella ideas que leve máis de trescentos anos circulando polos nosos cerebros?

Imaxa tirada da web El presente del pasado

Pois a visionaria desta metáfora foi a matemática Ada Lovelace aló polo 1843. Na súa imaxinación esas máquinas pensantes non se reducían a simples máquinas que se limitaban a manipular números. Máis ben, investigou na forma de programar con tarxetas perforadas para que calculadoras numéricas puideses facer fotos, música e palabras. En moitas ocasións, por mor dun choque entre as chamadas culturas (humanística e das ciencias), crese que a tecnoloxía e as artes son dous mundos separados. Pola contra, poesía e tecnoloxía están moi próximas na concepción dunha metáfora tan efectiva como a das máquinas pensamentes. É curioso esa relación que se establece entre o mundo tecnolóxico e humanístico, igual que fai a cita de Borges que encabeza este post. Non obstante, malia que describiu a esencia dos computadores modernos, nunca afirmou que puidesen ser capaces de pensar. Para navegar no pensamento desta pioneira hai dous magníficos libros que axudan a comprender o seu pensamento: por unha banda, está o de Walter Isaacson, The Innovatos: How a Group of Hackers, Geniuses, and Geeks Created the Digital Revolution e, pola outra, o libro de Dorothy Stein, Ada – die Braut der Wissenschaft.

Case un século despois, aparecen as primeiras computadoras coas achegas de Alan Turing para descifrar a Enigma, ou Grace Hooper, que conseguiu dotar as computadoras dunha das primeiras linguaxes de programación (COBOL) que fosen usadas por calquera computador.

Digresión. Estes días estréase en Alemaña o filme The Imitation Game – Ein streng geheimes Leben sobre a vida de Alan Turing. Trátase dun interesante biopic sobre a vida deste científico británico, que tamén levou moitas críticas polas súas inexactitudes históricas (aquí, aquí e aquí tes algúns dos comentarios críticos sobre o filme).

Imaxe do biopic sobre Alan Turing, Imitation Game

As persoas protagonistas da revolución dixital que estamos a vivir, son moito e hai que lle tirar ese aura de misticismo que moitas veces se envolven os seus descubrimentos. Son/eran xente normal cunha creatividade e enxeño que os posibilitan para ser capaces de pensar doutro xeito. Algúns deles son moi bos tendo ideas, outros levándoas á realidade, pero o que si teñen todos son equipos de persoas para que eses proxectos cheguen a bo porto. Ora ben, en todo isto tamén hai que ter sorte e estar no momento axeitado, senón que llo pregunten a Bill Gates con respecto a Gary Kildall.

Moitas veces, os medios de comunicación esquecen aos confundadores de proxectos como Twitter ou a Wikipedia, pero o equipo é fundamental para poder elaborar conceptos que son complexos e son necesarias persoas expertas en diferentes eidos da tecnoloxía. Para non caer en ese tipo de construcións simplistas da historia da evolución da tecnoloxía, na rede pódense ver unha chea de documentais que nos falan sobre isto. Amosan que a tecnoloxía non é un asunto misterioso destinado só ás mentes máis privilexiadas, senón que lle quitan o medo case que patolóxico que moitas persoas lle teñen. Velaquí a selección de doce documentais sobre tecnoloxía.

E agora imos cunhas cantas digresións para rematar con este post.

Digresión: pensar con metáforas. Ao longo do post, foise falando unha e outra vez da metáfora ou do concepto das máquinas pensantes. Esa capacidade de construír metáforas a través da linguaxe, está relacionado con que boa parte da xente usa imaxes subxacente, non só para pensar con máis facilidade, senón tamén para expresar con moita máis eficacia todo tipo de ideas. Moitas veces, esas metáforas que tentan explicar dun xeito rápido e eficaz un fenómeno para facilitar a súa comprensión, rematan por ter unha vida propia que acaba por pensar por nós mesmos, facendo difícil quitarse delas. Como calquera creación social, as metáforas tamén desaparecen, son substituídas por outras ou simplemente a analoxía evidente entre os termos que puña en relación a metáfora desaparecen e faise opaca. Pensemos por exemplo, no Titanic. Non só foi un enorme transatlántico que afundiu en 1912, senón a fin de entender o progreso do século XIX. Nas augas do atlántico quedaron as ilusión dunha metáfora que se transformou nunha crenza e co seu afundimento tamén foi todas as metáforas que se asociaron a unha determinada idea de progreso. James Geary vai máis alá: a linguaxe metafórica tamén afecta a nosa toma de decisións:

Digresión: a imaxinación e as limitacións do tempo. Da capacidade da linguaxe metafórica tamén ten algo que ver coa nosa capacidade de imaxinación e de comunicación. No mítico programa que dirixía Carl Sagan, Cosmos, explícase moi ben este proceso. Leonardo Da Vinci imaxina e pon no papel unha chea de prototipos de máquinas voadoras, incluso proba a levalas á realidade, pero fracasa. Na súa época as circunstancias materiais impediron que fosen proxectos viables, pero hoxe en día, algunhas desas máquinas si que foron inspiración de máquinas como o autoxiro, por exemplo. Vede o que explica Carl Sagan e como o relaciona con outro grupo de persoas que deseñaron máquinas para viaxar polo espazo.

Digresión: innovación e invención. Moitas veces parece que cando se fala de tecnoloxía e de empresas tecnolóxicas, non sei fai unha diferenza entre estes dous termos. A innovación pensémola en termo de estirar un chicle. Podemos mellorar calquera aparato existente, ou facer unha combinación de diferentes elementos para chegar a creación doutro aparato que estea dentro dos parámetros establecidos ata o momento. Ora ben, a invención é a capacidade de crear algo que muda radicalmente, no só as espectativas futuras, senón que tamén fai volver a pensar toda a ecoloxía de bens que ata o momento se estaba a producir.

Haberá algúns parámetros comúns para reproducir ambientes de creatividade? Que opinades?

Dentro do mundo das series de televisión, pódese explorar a través de diversas ficcións a complexidade da invención e innovación. Un non se queda coa imaxe dun xenio metido no seu laboratorio ata que ten un momento eureka. Nos últimos anos podemos destacar algunhas delas:

Ambientada no Nova York de 1900, amosa o cambio de exercer a medicina na barberías á ciencia médica

Amosa a competencia empresarial que existiu nas orixes do portátil

Reconstrúe o ambiente inicial das orixes da sexoloxía

Serie de TV ambientada na carreira científica e militar por conseguir a bomba atómica

En definitiva, fagámonos unha pregunta: quen era inventor, Thomas Alva Edison ou Nikola Tesla?

Das máquinas pensantes á aprendizaxe das máquinas

E chegados ao final, queda unha pregunta por facer: podería algunha vez imaxinar Ada Lovelace a existencia dunha disciplina científica que se ocupase da aprendizaxe das máquinas (Maschinelles Lernen)? A metáfora que ela imaxinou dista moito da realidade actual. Por exemplo, hai un par de semanas saíron dúas importantes novas no mundo da tradución automática:

  • A aparición de Skype Translator, que permite facer unha interpretación simultánea entre falantes de diferentes linguas.

  • A introdución da tecnoloxía da empresa Word Lens no Google Translator (tamén o hai en versión app: iOS e Android), permite que unha vez aberta esta aplicación, enfoques a cámara cara un texto que queiras traducir e no momento xa cho sobreimpresiona na lingua de chegada. Este sistema combina o sistema de recoñecemento óptico de caracteres (OCR) coa realidade aumentada.

Polo momento, erran máis cunha escopeta de feira, pero detrás desta tecnoloxía está unha disciplina chamada learning machine. Pode parecer ciencia-ficción, pero o certo é esta disciplina do campo da intelixencia artificial permite que as máquinas poidan adquirir coñecemento, é dicir, canto máis se use estas aplicación, mellores resultados obterase, xa que aprenden da enorme cantidade de datos que todos os usuarios imos xerar.

Jeremy Howard vaivos contextualizar no seu TedTalk as implicacións de que as máquinas aprendan:

Imaxinade a cantidade de empresas que actualmente están en sectores punteiros da intelixencia artificial. Aquí tendes unha mostra:

Bonus Track

Advertisements

5 reflexións sobre “Was denken Sie über Maschinen, die denken? Un pequeno paseo dende o pensamento de Ada Lovelace ata learning machine

  1. Pingback: Was denken Sie über Maschinen, die denken? Os conceptos zombie para intelixencia artificial, do Test de Turing ao de Lovelace 2.0 | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

  2. Pingback: Grace Hooper: The Queen of Code | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

  3. Pingback: Da metáfora da máquina pensado aos datos masivos. Innovación e evolución do ecosistema tecnolóxico | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

  4. Pingback: Digitale Dolmetscher statt langer Recherche | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

  5. Pingback: Un concepto en continuo cambio: a máquina pensante | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s