A gastronomía, como fenómeno de masas, e unha viaxe polo mundo #Transmedia (e conceptos similares)

Abastos 2.o en Santiago de Compostela

Da clase do outro día, onde se deron uns trazos sobre o fenómeno dos blogs gastronómicos en Galicia e contextualizouse o auxe da gastronomía como fenómeno de masas, puidemos constatar diversos fenómenos da comunicación actual que unha e outra vez están a saír. A capacidade de participación dos espectadores/lectores dun blog sobre gastronomía ou dun talentshow como MasterChef, a interación entre diversos medios como a televisión ou as redes sociais, en definitiva, unha especie de gramática nova no mundo dos medios que orixina que os vellos conceptos para analizar esta realidade sexan como zombies sen ningún tipo de vinculación entre o que pretenden describir e a realidade material que cambia constantemente. Moitas veces, fanse teorías para o próximo xoves, por iso hai que estar atentos a como muda a tecnoloxía.

Os principais conceptos que estiveron en xogo no debate e na presentación do tema da gastronomía, xa nos son vellos coñecidos. Vexamos dunha forma breve cales son:

  • A trasmedialidade. Un concepto que nos sae unha e outra vez e que vimos aplicada a cando Michael nos falou dos videoxogos. Pero como puidemos observar cando falamos da interacción entre televisión, blogs e redes sociais, as perspectivas que abre este concepto tamén poden ser interesante para entender como funciona a comunicación no mundo de hoxe. José Ignación Galán Ugartemendía neste artigo danos diversas definicións do que é narrativa transmedia, as súas orixes, as súas características principais e a repercusións social que ten na actualidade. Outro dos problemas era saber a diferenza con outro concepto moi próximo: crossmedia. Déixovos aquí unha entrevista do profesor Denis Porto Renó:

  • Flexinarrativas. Como sucede moitas veces, cando xorden elementos novos, sexa da índole que sexa, resulta moi difícil porlle nomes a este tipo de realidades que son complexas e os antigos conceptos non son suficientes. Case sempre hai unha especie de loita entre moitas palabras que tentan describir esas ‘novas realidades’. Hoxe en día, o certo é que os produtos televisivos amosan unha capacidade que vai moito máis alá das fronteiras onde foron concibidas. [Agora é o momento de pór a cabeza a lembrar certos conceptos que xa foron aparecendo ao longo do semestre (cross-media, protohipertextualidade, hipertextualidade, fragmentación, interacción, etc.)]. Nesa loita por conseguir que o concepto que propoñas fágase con esa realidade, Robin Nelson arredor dos anos oitenta constatou que no eido da ficción televisiva estaban aparecendo novas formas que el chamou flexinarrativas. Estas caracterizábanse do seguinte xeito:
    • Axilidade visual e narrativa,
    • Múltiples tramas e múltiples personaxes,
    • Hipertextualidade,
    • Negación a pechar significados,
    • Procura de espectadores máis hábiles e atentos,
    • Audiencia máis ampla e heteroxénea,
    • Hibridación de xéneros e de formatos,
    • Escritura colaborativa, interactividade e redefinición dos roles do autor e do espectador,
    • Intertextualidade, metaficcionalidade e transmedialidade.

Non hai que esquecer que hai outros termos que tamén poden ser valiosos para comprender todo isto: digimodernism formulado por Kirby ou hipertelevisión que foi proposto por Carlos A. Scolari.

En definitiva, agora mesmo as ferramentas clásicas para analizar fenómenos de masas, teñen que empregar todo esta arsenal de conceptos novos que naceron da introdución e expansión de internet en certos ámbitos de determinadas sociedades no planeta.

bonus track

Como moitas veces pasa con este tipo de análises, ao usar novas ferramentas para observar uns fenómenos que cualificamos de ‘novos’, calquera pódese preguntar se non existiron antes. Ou máis importante, ao entrar en xogo novas relacións que se fan tamén un se pregunta se tendo en conta eses outros aspectos que ata o de agora non nos fixamos adecuadamente? Será tan ‘novo’ as narrativas transmedia ou xa hai antecendentes?

Carlos A. Scolari no seu blog Hipermediaciones faise esa mesmas preguntas y chega a unhas interesantes conclusións:

De mi artículo Don Quixote of La Mancha: Transmedia Storytelling in the Grey Zonepublicado en agosto 2014 en el International Journal de Communication- ya hablamos en este blog (ver “Transmedia Critical” en el International Journal of Communication). Ese texto se focalizó en las aleluyas o auques, unas producciones impresas populares que se encuentran a mitad de camino entre la industria cultural y las prácticas de los usuarios. Esta breve indagación en el pasado nos confirma que:

Las narrativas transmedia no son un invento del siglo XXI: en los últimos siglos los relatos expandidos a varios medios eran moneda corriente. Por otra parte, a lo largo de su historia estos mundos narrativos contaron con la complicidad de sus prosumidores (¿o deberíamos decir “proto-prosumidores”?), quienes contribuyeron de manera fundamental a su expansión. Lamentablemente la mayor parte de estos user-generated contents creados antes de la llegada de YouTube y Fanfiction.net se han perdido y solo pueden ser recuperados a partir de un trabajo arqueológico-textual.

El mundo de las narrativas transmedia es una zona híbrida y mestiza. El estudio de las prácticas transmedia nacidas al calor de El Quijote nos permite adentrarnos en esa zona gris donde los intereses comerciales se cruzan con las lógicas de los usuarios. Cuando hablamos de las narrativas transmedia a menudo se tiende a mostrar a la industria de los medios y a los usuarios como dos ámbitos separados y radicalmente opuestos. Sin embargo, al investigador atento no le costará mucho encontrar prácticas híbridas, a mitad de camino entre el universo comercial de las grandes corporaciones y las prácticas textuales salvajes y desprejuiciadas de los fans. La zona gris.

Finalmente, el análisis de El Eternauta en clave transmedia nos pone de frente a las limitaciones y dificultades de una obra maldita, censurada y mutilada durante muchos años. A pesar de que la versión cinematográfica de la obra de Oesterheld-Solano López nunca llegó a concretarse (el proyecto pasó por las manos de varios directores, desde Adolfo Aristarain hasta Lucrecia Martel), en medio siglo El Eternauta ha generado obras de teatro, versiones radiofónicas y relatos escritos que expanden la historia original. En mi capítulo El Eternauta. Transmedia expansions, political resistance and popular appropriations of a human hero me focalizo en las apropiaciones contemporáneas del personaje (o sea, en el pasaje del Eternauta al Nestornauta). Cuando se habla de transmedia a menudo pensamos en Hollywood y Fanfiction.net pero, en realidad, las prácticas de reapropiación y expansión narrativa no tienen fronteras y a menudo asumen un carácter marcadamente político como en este caso.

E un último aspecto. Se hai todas esas posibilidades creativas e de interacción entre diferentes medios, entón, como afecta isto á forma de crear e concibir novos produtos culturais? Velaquí unha tentativa de ver como son esas novas formas de crear:

Advertisements

Unha reflexión sobre “A gastronomía, como fenómeno de masas, e unha viaxe polo mundo #Transmedia (e conceptos similares)

  1. Pingback: Pódese vestir un instrumento? | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s