Para explorar a historia medieval en Galicia: Gallaeciae Monumenta Historica e o acceso aberto á información

Imaxe tirada da propia web de Gallaeciae Monumenta Historica

Moitas veces un anda a lle dar voltas ás cousas e as solucións veñen soas. Un anda a moer na cabeza con fórmulas que resulten moito máis sinxelas para poder explicar conceptos un chisco encerellados como o do acceso aberto (offener Zugang). E velaquí chega o azar para darlle a un a oportunidade de facelo. Amais de atopar un exemplo claro de acceso libre no Gallaeciae Monumenta Historica, a Universität de Heidelberg acaba tamén de tomar cartas no asunto da política de acceso libre a fondos documentais e na creación de repertorios dixitais (que tamén falamos, cando lle dedicamos atención ás bibliotecas dixitais) que fagan moito máis doada ao acceso a un ben común (Gemeinwohl) como é o coñecemento.

Pero antes de nada, vaiamos cos conceptos básicos que están en xogo. Tamén tende en mente algúns outras que xa fomos falando deles aquí e aquí (software libre, código aberto, código libre, MOOC, etc.).

Pois agora a todos estes conceptos que foron aparecendo nestes post sobre educación e tecnoloxía: Acceso aberto (Open Access ou offener Zugang). Collendo a Wikipedia alemá isto é o que nos di:

Als Open Access (englisch für offener Zugang) wird der freie Zugang zu wissenschaftlicher Literatur und anderen Materialien im Internet bezeichnet. Ein wissenschaftliches Dokument unter Open-Access-Bedingungen zu publizieren, gibt jedermann die Erlaubnis, dieses Dokument zu lesen, herunterzuladen, zu speichern, es zu verlinken, zu drucken und damit entgeltfrei zu nutzen. Darüber hinaus können über Freie Lizenzen den Nutzern weitere Nutzungsrechte eingeräumt werden, welche die freie Nach- und Weiternutzung, Vervielfältigung, Verbreitung oder auch Veränderung der Dokumente ermöglichen können.

Bei der wissenschaftlichen Fachliteratur kann es sich um frei zugängliche Beiträge in elektronischen Zeitschriften, um Preprints oder Online-Versionen von Beiträgen in Büchern und Zeitschriften handeln (Postprints), die von den Wissenschaftlern auf den Servern freier elektronischer Zeitschriften, universitären oder institutionellen Archiven, fachbezogenen Servern oder auf ihren privaten Websites frei zur Verfügung gestellt werden. Open Access schließt auch das Zugänglichmachen von wissenschaftlichen Primär– und Metadaten, Quellentexten und von digitalen Reproduktionen ein.

Isto que así pode parecer demasiado teórico, pero moitas veces de seguro que navengando pola rede témonos atopado con exemplo deste tipo. No que respecta a educación, vimos un caso prototípico nos MOOC, por exemplo. O certo é que está sendo unha tendencia na educación, tanto para o profesorado (que comparte métodos e experiencias das súas clases) como para o alumnado (axudar na aprendizaxe a outros compañeiros, etc.), pero que non queda pechada dentro dos ‘muros’ dunha aula.

Pensemos no caso dunha ferramenta que usamos moito agora mesmo no mundo do e-learning: Moodle. Para algunhas facetas do ensino, este programa de software libre resulta moi interesante, pero ten unha grande diferencia respecto dos MOOC, por exemplo: só a comunidade da universidade en concreto pode acceder a toda a documentación que se xere no curso, pero ninguén máis. Pensade por un momento a cantidade de bos traballos e proxectos do alumnado que acaba na escuridade dun caixón ou dun cartafol no noso computador.

Pois ben, Gallaeciae Monumenta Historica é un exemplo de todo o movemento de acceso aberto, non só porque calquera persoa pode consultar as súas bases de datos (iso sí, non é libre xa que ninguén pode modificar o programa segundo as liberdades de licencia do software libre), senón tamén pola forma en que se trata toda a documentación (un interface intuitivo, diferentes posibilidades de buscar información, etc.).

Para rematar, vede o que di Manuel Gago, un dos responsables deste proxecto do Consello da Cultura Galega:

un proxecto de repositorio documental no que no CCG estamos incorporando (e procesando) toda a documentación medieval que tiñamos editado ao longo destas décadas e no que no futuro incorporará tamén documentación externa. Esta é unha visión distinta da documentación medieval. Foi este un traballo de chineses e debo agradecer ao meus compañeiros técnicos e á dirección do CCG o entusiasmo cun proxecto de gran importancia para Galicia como país. Todo en libre acceso, consultas a texto completo e sen rexistros previos.

As documentalistas de DeHistoria realizaron un traballo inxente de comprender os documentos e unificar as numerosas heterografías (versións distintas da mesma palabra, topónimo ou nome de persoa, un problema frecuente da documentación medieval), construíndo un impresionante friso da sociedade medieval con múltiples vías de exploración de documentos en latín, galego e castelán. O sistema programado por Dimensiona permite seguir a pegada na documentación de raíñas, bispos, pero tamén cabaleiros, burgueses, xastres, labregos, explorando o noso pasado a través dun sistema hipertextual. Aos alemáns e aos portugueses levoulles moitísimas décadas completar os seus repositorios documentais, os seus Monumenta Historica. Nós esperamos acabar un pouco antes, pero esta web é un desafío e un convite a explorar lugares, persoas e conceptos ao longo do pasado.

 

E por último, case tan importante como pór ao dispor do público todo estes datos sen ningún tipo de restición, está a cuestión do deseño dunha interface intuitiva e dunha visualización dos datos que sexa comprensible a primeira vista por parte da persoa que o está a usar.
Non hai nada, saiu en Alemaña unha tipoloxías de web moi semellante Gallaeciae Monumenta Historica, pero con outros propósitos: pór a disposición do público toda a documentación dos arquivos da Stasi.


Advertisements

Unha reflexión sobre “Para explorar a historia medieval en Galicia: Gallaeciae Monumenta Historica e o acceso aberto á información

  1. Pingback: Da metáfora da máquina pensado aos datos masivos. Innovación e evolución do ecosistema tecnolóxico | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: