Cerebro, caligrafía e teclados: ou como a letra cursiva deixará de ser unha materia obrigatoria na escola en Finlandia

Sin título

Joana Pimentel, Les fleurs du mal

Pois a polémica xa está enriba da mesa. Nin que fose premonitorio todo o que estivemos a falar grazas á presentación de Óscar Rivas e Adrián Mosquera o outro día. O 20 de novembro saía no Helsinki Times a seguinte nova “Schools will start teaching typing instead of longhand“. E como acostuma a suceder con este tipo de novas, sempre hai como dous bandos: os apocalípticos e os integradores.

Para evitar perdernos polas moreas e moreas de bits e tinta que se verteron sobre isto, imos acudir á entrevista de Enrique Dans en A noite en 24 horas, como punto de partida.

Existen varias ideas de fondo, que dende xa hai anos no mundo educativo (outra cousa son as autoridades educativas, iso é fariña doutra muiñada) están presentes. O escenario tecnolóxico mudou irremediablemente e a presenza dos teclados é un feito constatado na nosa vida diaria (estoume a referir a un contexto, onde a tecnoloxía está presente dunha forma evidente, claro está). Daquela, non terá sentido que se introduza dun xeito obrigatorio o manexo de todo tipo de teclados? Do mesmo xeito que toda a cantidade de dispositivos e aplicacións non se poden illar da realidade dunha clase. A educación non está fóra do mundo da tecnoloxía, como é obvio.

Pasa algo semellante con outro aspecto que mudou radicalmente: como se extrae, cualifica e valida información. A bibliografía recomendada e comentada está moi ben como punto de partida, ten que haber uns alicerces por onde comezar, pero resulta imposible que un docente saiba todo sobre un tema determinado. Hoxe por hoxe, a cantidade de información xerada é inmensa. Resulta imposible encapsular ese coñecemento na figura do docente e da súa bibliografía. Non é a primeira vez, nin a segunda que me teño atopado con alumnado que é incapaz de extraer, cualificar e validad información (xa non falemos de cuestións de citar a información e ser descoidado cos datos que manexan). Entón un pregunta: “Pero non coñecedes o repositorio dixital que ofrece a Uni?”. A resposta que me dan é sinxela: non sabe como buscar e descoñecían a existencia de bibliotecas dixitais, bancos de datos e un longo etcétera. Dunha forma ou doutra, terase que converter en materia transversal para o alumnado este tipo de ensinanza, xa que o contexto onde se van manexar é o que é. Por desgraza, na miña curta experiencia isto é algo común entre Galicia e Alemaña a nivel universitario.

Non obstante, isto non significa que aprender a escribir a man non valla para nada. Este tipo de cuestións non é un tema para os faladoiros de televisión, onde impera a forma de pensar ‘apocalíptica’; polo menos, nalgúns, claro. Por exemplo, o neurocientífico galego Xurxo Mariño explica moi ben as relacións entre escritura (tanto a man como a través de teclado) e o cerebro.

Sin título

Prema na imaxe para ver o vídeo

E continuamos a botar un chisco de calma a todo este debate, onde impera por enriba de todo a especulación e certo inmobilismo (tanto a nivel xeral, como no corpo docente) que moitas veces o que amosa son medos e carencias en como xestionar estas novidades (e maís que haberá) nunha aula. Grazas a Xurxo Mariño souben doutro post ben interesante no blog DiscapacitodosEste post escrito por Minina de Cheshire tenta responder a algunhas cuestións básicas de toda esta polémica: que evidencias científicas existen en favor da lectoescritura manual ou a través de teclados?:

La realidad es que, aun siendo materia de debate en la comunidad científica, parece que los estudios por neuroimagen inclinan la balanza a favor del aprendizaje manual de la lectoescritura. Lo cual tiene sentido si atendemos a las funciones cognitivas implicadas en el aprendizaje, ya no de los fonemas y grafemas, sino de las palabras en su conjunto.
Algunos ejemplos cualificados podemos encontrarlos en:

En general los resultados muestran más activación cerebral, mejor memoria y fijación de los aprendizajes, así como mejor integración de los mismos en el proceso lectoescritor.
No obstante esta correlación no justifica la resistencia numantina a enseñar la lectoescritura directamente a través del ordenador en aquellos niños que presentan diversidad funcional que restringe o dificulta los movimientos necesarios en la escritura. Llevo un tiempo trabajando en campo, y, por ello, sé bien de las reticencias del profesorado de Educación Especial al respecto. Es una materia de debate que también cuenta con sus apoyos científicos.
Tampoco parece haber evidencias sólidas a favor de la escritura ligada, la típica de la caligrafía rubio, frente a la caligrafía tipográfica. La caligrafía ligada cuenta con más tradición que evidencia, tradición arraigada en los planes de estudio de Magisterio, que obligaban a los futuros maestros a estudiar Caligrafía y examinarse de ella (apuntes sobre la historia del magisterio y las escuelas normales).

E outra punto importante que achega este post: canto tempo durará o teclado como única forma de interaccións con este tipo de dispositivos electrónicos? Malia que moitas veces erra máis cunha escopeta de feita, a interacción por medio da voz xa é unha realidade.

¿Mecanografía? ¿en serio

Finalmente una cuestión clave que nadie parece abordar es que Finlandia carga las tintas en aprender a manejar el teclado. EL TECLADO. Como si la máquina de escribir se hubiese inventado anteayer. Las clases de mecanografía en la academia particular son tan “Yo fui a la EGB” como la rana Gustavo.
ASDFGÑLKJH, cambiamos un cuadernillo Rubio por otro.
Los teclados físicos están desapareciendo de la interacción móvil. Teléfonos y tabletas optan por el reconocimiento de voz. Y cuando se opta por teclado QWERTY en pantalla, el método predilecto tiende a ser el swype. Los ordenadores van en la misma línea.
Claro que seguiremos tecleando durante mucho tiempo. Igual que seguiremos escribiendo a mano sobre tabletas digitales, igual que le hablaremos a nuestros dispositivos. Cambiar una técnica anticuada en favor de otra casi casi igual de obsoleta lo único que nos muestra es que en educación seguimos 100 años por detrás de la sociedad que nos rodea.

O curioso de todas estas polémicas e de estar inmersos nun tempo de transicións a non se sabe moi ben a que, é o comportamento das persoas perante as mudanzas radicais que están a suceder. Por exemplo, na videoconferencia de Iago Martínez (@autonauta) comentaba algo ben interesante: a meirande capacidade de crear afectos e polo tanto comunidade por medio do papel (o caso de Luzes) máis có dixital, que resultaba máis difícil (caso da canle de Galiza Ano Cero), incluso de que as persoas achegasen financiamento. É que eliminar ou desprezar ese ‘factor emocional’ á hora de comprender as resistencias a este tipo de innovación, sería algo semellante como non ter en consideración o efecto Placebo en medicina. Por isto, todo este tipo de mudanzas hai que sacalas dos terreos lamacentos de opinións pouco reflexivas.

En definitiva, a min lémbrame isto a estouto vídeo:

Unha pregunta final, como imaxinades unha sociedade onde non exista a escritura? Como se almacenaría a información? Como funcionaría, daquela, os sistemas culturais? A que nos resulta difícil de imaxinar. Pois, facede un esforzo e xa me diredes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s