Para continuar co debate sobre blogs e redes sociais

Imaxe tirada de DeutschlandRadioKultur

Moitas cousas quedaron xurdiron na primeira exposición de Carina, Arlene e Kathrin. Se vos parece, podemos continuar o debate por este lugar sen que isto lle quite ningunha importancia ao que falamos en clase. Pero moitas veces necesitamos deixar repousar un chisco as cousas para que poidamos pensar con máis vagar.

Se vos parece vou comezar eu. Como saiu na exposición, isto é un diálogo continuo que ten moitas formas de lectura. Así que animádesvos achegar as vosas reflexións. Saíron unha chea de temas: as identidades dixitais, literatura interactiva a través dos blogs (caso das autoras galegas), literatura por Twitter (ao final, é literatura ou non?) e a súa capacidade de interacción (que relación podería ter cos videoxogos, por exemplo? Sobre isto, vaise tratar no próximo Referat), a capacidade de adicción e preocuparse polo que poñen nas redes sociais, as relacións entre autoría e persoa que le, etc. Sen esquecer un punto importante que saiu de forma colateral, pero que seguro vai dar moito de que falar: os hábitos de consumo de información

A min quedáronme moitas cousas. Vouvos deixar algunhas cousas para iniciar unha conversa por esta vía ou en clase.

1. A primeira cousa que non tratamos é a problemática da neutralidade da rede (aquí tendes unha colección de dous artigos recollidos de Die Zeit). Este palabra extraña é fundamental para comprender o funcionamento de internet. O que vén a proclamar é o seguinte: calquera persoa ou empresa ten o dereito a que o tráfico de datos recibido ou xerado non sexa manipulado, priorizado ou retrasado en función do tipo de contido, de protocolo, de aplicación usado ou de calquera outra consideración que sexa allea á propia vontade. Amais ese tráfico débese tratar como unha comunicación privada (sobre o asunto da privacidade na actualidade, de seguro, que vai ser un tema que saíra moito). Só baixo unha orde xudicial poderase espiar ese tráfico, arquivalo ou analizar o seu contido.

Isto que así en abstracto pode ser bastante asépticos, en realidade é un dos fundamentos básicos do desenvolvemento de internet que moitas veces se está a vulnerar. Por que é tan importante este principio? Vaiamos a casos prácticos.

  1. Unha das principais consecuencias de infrinxir este principio está na fiabilidade da información que un recibe ou busca. Imaxinade que as empresas de telecomunicacións teñen a posibilidae de negociar incentivos con empresas de contidos. É dicir, aquelas empresas que paguen máis estarán máis arriba nas buscas, mentres os que non paguen estarán máis abaixo. Deste xeito, priorízase a información dependendo se pagas ou non. Pensado o que pode suceder con todos aqueles bloggers que non se poden permitir competir con grandes conglomerados empresariais. Un dos paires básicos da web 2.0 querecería de valor algún. Pensade que sucedería co caso de censura xornalística que comentamos nun post anterior.
  2. Outro caso: se as operadoras de telefonía puidesen controlar que aplicacións permiten e cales non, que pensariades que faría con apps como Viber, Whatsapp ou calquera outra de telefonía IP? O máis seguro é que nin tan sequera existisen, a causa de que lle está a quitar un bo anaco do pastel do negocio. Malia que, por outra parte, gañan grazas ao pago de tráfico de datos. Non obstante, a incertudime e imprevisibilidade do sistema moitas veces ten saídas ben curiosas. Por exemplo, o código das chamadas perdidas (‘unbeanwortet Anruf’) trouxo de cabeza a moitas compañías de teléfonos, xa que quería cobrar por elas, a pesar de que non se iniciaba ningunha conversa. Esta capacidade de atopar novos usos e códigos vaivos ser unha constante que, dende logo, teremos a oportunidade de falar máis polo miúdo cando falemos da cultura hacker.
  3. Outra consecuencia dos dous puntos anteriores é que se o control de internet está en pouca mans e moito máis sinxelo dominar a rede. Pola contra, se hai moreas e moreas de persoas ou empresas en pé de igualdade, é moitísimo máis difícil de dominar. Pensemos por un intre no que está a suceder en China, por exemplo. Déixovos aquí un artigo para que completedes información: “Kein Revolution mehr?”

2. Outro punto interesante que encetou Kathrin cando falou de como ‘actuamos’ nas redes sociais e se configura a nosa identidade dixital dentro deste medio. Inda que tamén saiu no debate a importancia que adquire na nosa ‘vida real’. Déixovos tres artigos ben interesantes sobre o tema: “Por qué publicamos o que publicamos en Facebook”, “Por qué todo o mundo trata de semellar tan feliz en Facebook?” e outro sobre a nosa mudanza de hábitos diarios por mor do xurdimento das redes sociais: As redes sociais e o low cost provocan o desconcerto entre as marcas. En relación coa publicidade e as marcas comerciais, non pensades que estamos a dar un perfil case exacto a través de todo tipo de aplicacións, servizos na nube dos nosos gustos, aficións, etc.? A ver que vos parece este artigo.

3. Os problemas de control da rede tamén son unha constante. Un claro exemplo da vulneración da neutralidade da rede é a chamada Tasa Google que xa se aplicou en Alemaña. Aquí hai un choque de trens entre dúas concepcións de modelo de negocio sobre a información. Tende aquí unha interesante entrevista a Jeff Jarvis, profesor da facultade de xornalismo da City University de Nova York.

4. Outro detalle que nos quedou foi como falamos nas redes sociais… ou escribimos? Cantas veces nunha mensaxe de Whatsapp dicimos algo así como “Reden Wir später?” ou “Falamos despois”. Parece que as fronteiras entre a oralidade e a escritura xa non son tan nítidas. Lembrádesvos do que falamos sobre a Idade Media en Galicia? Pois nada, velaquí van dous artigos sobre este tema. O primeiro é de Manuel Gago que nos fala das súas impresións sobre WhatsApp. O segundo vai sobre as emoticonas. Como podemos chegar a comunicarnos cando pomos:

5. E, por último, quedou a pregunta sobre se a representación de Romeo e Xulieta por Twitter, era literatura ou non? Pregunta que retomaremos cando para o día 8 falemos sobre videoxogos. Para engadir algunha cousa máis ao debate déixovos estoutro artigo que se titula: Pode un chío ser poesía? E un meme? A lírica rexuvenece en internet?

E xa para engadir un chisco máis de confusión/complicación. Que vos parece a proposta do poeta e investigador galego Isaac Xubín 😀

Advertisements

Unha reflexión sobre “Para continuar co debate sobre blogs e redes sociais

  1. Pingback: @RevistaLuzes e @GalizaAnoCero. COMO CONSTRUÍR MEDIOS DE COMUNICACIÓN DENDE A BASE | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s