A web 2.0, o efecto Streisand e a censura nos medios de comunicación

Co paso dunha web 1.0, dominada por tan só uns poucos produtores de contidos, á web 2.0, onde os usuarios están organizados en redes e ademais poden ser produtores de contido. Isto supón unha modificación fundamental: o enorme poder que pode ter calquera para crear contidos na rede e evitar os ‘teitos de vidro’ que moitos medios de comunicacións tradicionais establecían e establecen, tal e como vimos hoxe coa noticia que analizamos da DeutschlandRadioKultur.

Vexamos isto en termos de influencia, poder e censura. Hai uns días aparecía unha interesante reflexión no blog de Enrique Dans sobre a censura ao ex-director e fundador do xornal El Mundo: Pedro J. Ramírez. Despois de que a empresa editorial o cesase por diversas presións, el continuaba mantendo un espazo propio os domingos, pero despois dunha polémica coa nova dirección, decidíronlle censurar a súa colaboración. En fin, nada novo: un equipo directivo dun xornal decide censurar unha columna.

No mundo da web 1.0, isto quedaría aquí. Como a persoa a quen censuraron non pode ter acceso aos elementos necesarios para facer a súa propia web, a cousa quedaría así. Pero nun contexto da web 2.0 évos outro cantar. Se deixamos a un lado que na actualidade o mundo dos medios de comunicación está nunha profunda mudanza das súas bases (isto imos falar para o mes de decembro), o que sucedeu no caso de Pedro J. Ramírez foi un efecto Streisand do máis evidente.

Que foi o que fixo? Ben sinxelo. Creou unha conta en Medium. Para nos entender, é unha plataforma de blogging semellante a Twitter (de feito está creada por dous dos seu fundadores: Biz Stone e Evan Williams), pero que vai moito máis alá das limitacións dos 140 caracteres. Pois ben, unha vez publicado nesta plataforma, fai referencia a isto na súa conta de Twitter, que ten máis ou menos uns 300.000 seguidores) e na súa conta de Facebook. E, despois, foi rechiada por centos de persoas e apareceu noutros medios de comunicación dixitais como eldiario.es ou InfoLibre. O resultado foi que este artigo de opinión fose unha especie de trending topic na plataforma Medium e que, ao final, fose máis coñecido se se publicase en papel e na versión dixital.

E para lle dar o último toque de humor: a súa columna non era crítica co xornal do que foi director, senón co presidente do goberno actual 😀

Por último, isto lévanos a unha pregunta: no mundo actual o túa influencia e poder, mídese en función dos seguidores que teñas en Twitter ou as amizades que teñas en Facebook, por exemplo?

 

Advertisements

5 reflexións sobre “A web 2.0, o efecto Streisand e a censura nos medios de comunicación

  1. Pingback: Para continuar co debate sobre blogs e redes sociais | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

  2. Pingback: @RevistaLuzes e @GalizaAnoCero. COMO CONSTRUÍR MEDIOS DE COMUNICACIÓN DENDE A BASE | Galicien Zentrum der Universität Heidelberg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s