Ei Leute: hai que mellorar a Galipedia. A cita o próximo 8 de novembro

E non queda outra. Quen algo quere, algo lle custa. Se se quere abrir un laño no muro de vidro da subalternidade, haberá que aproveitar as posibilidades que a redes 2.0 nos ofrece. Pouco a pouco conséguense cousas. Para a próxima semana imos falar con Iago Varela sobre como se conseguiu que o galego sexa unha lingua nativa dentro do sistema Android.

Neste sentido, hai uns días, aparecía no Cartafol da USC a convocatoria dun Editatón para a Galipedia, a versión da Wikipedia en galego. Déixovos a convocatoria:

O editatón

Hai moitas maneiras de achegarlle saúde ao galego; as relacionadas co uso das novas tecnoloxías son das máis produtivas. O sábado 8 de novembro de 2014 vai ter lugar o primeiro editatón da Galipedia na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, co gallo do Día da Ciencia en Galego, ao cal quere contribuír.

Que é un editatón? É unha reunión á que os participantes asisten (física ou virtualmente) para editar e mellorar colectivamente os contidos da Wikipedia ou da Galipedia (a Wikipedia en galego) sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el.

O primeiro editatón en Galicia vaise centrar en mellorar e aumentar os contidos relacionados co Día da Ciencia en Galego, efeméride que se celebra o día 4 de novembro. As comisións de normalización lingüística dos centros de Lugo, cohesionadas arredor de Proxéctate en Galego, a Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e Galipedia promoven esta actividade para o sábado 8, a partir das 10:30 h, en sesións de mañá e tarde.

Que non tes nin idea de como se crean contidos para Galipedia? Non te preocupes: se é a túa primeira vez, vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo. E hai materiais para ires mirando, se queres.

A idea é sinxela: logo dunha brevísima introdución á Galipedia e á súa edición por parte de Elisardo Juncal, da Galipedia, procederase a planificar e distribuír o traballo proposto, para tentar telo listo nas dúas sesións de traballo de mañá e tarde, interrompidas para xantar e distraerse con “Ciencia na sobremesa: A Arqueoloxía Experimental e a apocalipse zombi. Pequeno manual de supervivencia para nerds”, a cargo de Carlos Rodríguez-Rellán, do Dpto de Historia I da USC.

Pódese participar a distancia, mais para tirarlle todo o partido ao editatón o ideal é asistir presencialmente; desta forma, ademais de editar pódese coñecer outros wikipedistas e darlle visibilidade ao proxecto. Asistas ou non presencialmente, o importante é que te apuntes na lista de participantes, para facilitar a organización do traballo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s